Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 21/12/2016 | Actualizada ás 19:02
No referido a relación cos nosos provedores, unha solución a valorar nesta época de crecemento é contratar un servicio de compras. Hoxe en día, estas empresas van máis aló que a tradicional central de compras de material. Estes axentes non só permiten externalizar a busca de suministros tradicionais -por exemplo material de oficina- senón que tamén ofrecen encargarse da xestión dos contratos de enerxía, comunicacións e mesmo aspectos como a reforma de locais, o asesoramento ou a mercadotecnia.
Cómpre valorar que, por moi aplicados que sexamos como emprendedores, ninguén pode ser experto en todo os eidos e estes servicios acostuman a dispor de especialistas en diferentes areas. Quen é mellor para negociar as tarifas de luz de todos os nosos locais, nós ou un enxeñeiro industrial especializado no mercado de enerxía?
Lóxicamente, as funcións a externalizar dependen moito do noso modelo de crecemento. Por exemplo, se unha estratexia de comunicación moi singular é clave no noso plan de negocio, pode non ser convínte externalizar a área de mercadotecnia.
Se, polo contrario, as nosas accións de comunicación son limitadas e son sempre as mesmas -por exemplo contratar cuñas de radio e reparto de folletos en datas moi concretas- unha externalización permitiranos aforrar moito tempo na xestión, aínda que sempre haberá que supervisar, e sobre todo no prezo dos provedores. É común que os servizos de compra oferten recortes de gastos de entre o 15 e o 25 por cento, en función da área da que se trate.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.