Onde está enterrado Prisciliano?

Un dos grandes mártires do Cristianismo pode estar enterrado en Galicia. Algúns apuntan que o sepulcro de Santiago, na catedral compostelana, non é máis que o do bispo galego axustizado en Tréveris. Outros sinalan que podería estar noutras partes de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2016 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Nas fontes documentais o escritor eclesiástico Sulpicio Severo de Aquitania (360- 420), nomeado santo, relata no seu “Chronicorum Libri Duo” o traslado destes  mártires a Terras de Hispania, pero pouco máis nos aporta sobre quen o levou a cabo e o destino dos corpos.  Ademais de Prisciliano foron martirizados, alomenos,  cinco discípulos del :  Felicísimo e Armenio, (dous clérigos), Aurelio,  Latroniano (un poeta) e Eucrocia (unha muller laica esposa do poeta Delfidio).

Capela dos Martores, en Valga
Capela dos Martores, en Valga | Fonte: Elixio Vieites

 

Tres deles están en Galicia e dous só distan a pouco máis de 20 quilómetros de diferencia; a Catedral de Santiago e a capela de Os Martores no Concello  Valga. Todo o artigo na web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

No libro Toponimia de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, editado por Galaxia no ano 2008, dáselle ao topónimo Os Martores o significado de Os Mártires e formúlase a posiblidade de que neste lugar do concello de Valga estea soterrado Prisciliano acompañado por algún dos seus seguidores ou discípulos. No mesmo libro proponse a localidade xienense de Martos como outro lugar de enterramento duns mártires notables. Neste sentido, Cabeza Quiles tamén cita o topónimo catalán Martorell.

1 santiajo el frutero

e San prisciliano... e creo que facian a comunión non con viño sinon con leite e as mulleres oficiaban misa... era relixión celtica-druida e cristia... de verdadeiro cristianismo nacionalista galego, despois viñeron os demos asesinos dos expañois a matar e roubar e impoÑer o seu estado terrorista opresivo e visigótico... o seu expañolismo... asua Asablea Galega Expañola (AGE)...