Temas: RAG

Marilar Aleixandre ingresa este sábado como membro numerario da RAG

Foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias e coautora dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2017 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A escritora e investigadora Marilar Aleixandre converterase este sábado de forma oficial en membro numerario da Real Academia Galega (RAG), nunha sesión extraordinaria que terá lugar a partir das 12,00 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), institución na que é catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais.

Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre | Fonte: IES MANUEL GARCÍA BARROS A ESTRADA

A nova académica ocupará así o sillón que quedou baleiro tras o falecemento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá un discurso titulado 'Voces termando da paisaxe galega', ao que responderá a membro numerario da RAG Fina Casalderrey.

Marilar Aleixandre, nacida en Madrid en 1947, chegou a Galicia a mediados dos 70 para empezar a traballar como catedrática de ensino secundario en Vigo. En terras galegas, participou activamente na resistencia clandestina ao franquismo, foi líder do movemento veciñal e participou na fundación da primeira asociación feminista galega, entre outras cuestións.

Como bióloga e experta en educación, Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias e coautora dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego, do primeiro Vocabulario das Ciencias neste idioma e de numerosos materiais, artigos e ensaios sobre o ensino das ciencias.

Na actualidade, a súa liña de investigación é a argumentación, o uso de probas e o pensamento crítico no ensino das ciencias, mediante a análise do discurso. Neste campo é autor dalgúns dos artigos máis citados internacionalmente sobre o tema.

TRAXECTORIA COMO ESCRITORA

Como escritora, a súa faceta máis coñecida, Marilar Aleixandre conta cunha ampla traxectoria, sempre desenvolvida en galego e recoñecida tanto pola crítica --suma 17 galardóns-- como polo público, a través de máis de 40 títulos.

O seu debut literario produciuse en 1989 con 'A formiga coxa', o primeiro dos 20 libros que asinou ata agora no campo da literatura infantil e xuvenil. Neste apartado gañou premios como o Merlín, o da Crítica, o Lazarillo ou o da Fundación Caixa Galicia. O seu nome está no listado White Ravens de la Biblioteca de Munich por 'A Cabeza de Augamar'.

Ademais de literatura infantil e xuvenil, en narrativa para adultos mereceu o Premio Álvaro Cunqueiro por 'A compañía clandestina de contrapublicidade'; e o Premio Xerais e o Premio San Clemente por 'Teoría do Caos'.

Como poeta publicou títulos como 'Catálogo de Velenos', 'Mudanzas' ou 'Desescribindo', saído da imprenta o pasado mes de decembro. Da mesma forma, cultivou o ensaio, a biografía e o guionismo de cómic, entre outras disciplinas.

Temas: RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 FRPU

Ultimamente entraron dúas mulleres na RAG. Toda unha nha conquista na loita pola igualde. Pero como se pode observar nos "comentarios" anteriores, no BnG-UpG non reparan moito en que mulleres coma Marilar ou Chus consigan entrar na meritoriamente RAG, senón na súa militancia política, unha militancia que proe moito no BnG, convertendo así a estas mulleres de grande valía literaria en obxectivo dos máis terribéis dos seus insultos, das súas descalificacións, dos seus odios... Que teñen que dicir disto as mulleres do BnG?

6 Galego ante todo

LKI explotador e comunista pederasta xa non teñen argumentos para defender a esta panda de chupóns e contestan sempre as mesmas paridas, lástima de xente, tragan sapos cheos de merrda con tal de non dar o brazo a torcer , o rencor non cabe dentro do nacionalismo galego.

5 Verdá Chovi

Todo da Mareílla del Podemos case era mellor o nepotista Ferrín que xa é dicir

4 Ana

Sabedes se a deputada de En Marea Podemos, Angela Rodríguez, alias Pam, leu o libro da Marilar "A formiga coxa", e ficou traumatizada, por iso --sen querer-- chamoulle 'puta coja' a súa colega muller e discapacitada que dirixe a sucursal de Podemos no Noroeste. Hai ditos intolerables que os de En Marea Podemos consenten, e libros que fan moito dano, se fora o caso... Os que calades sodes cómplices!

3 LKI

Os trols do BeNeGá coas súas fobias, cos seus traumas, coas súas obsesións... "Si no estás conmigo, estás contra yo". Cousas das sectas cipayas.

1 CUT

Como vai a guerra en Cangas entre o traidorciño de Abalo e a explotadora de traballadores Castania?

2 comunista independentista

O Bloque é un frenopático de fanáticos vítimas da endogamia. Se te desintoxicas deles entras na súa lista negra. No bipartito vetaban a toda traballadora da cultura que non lles rendira pleitesía. Son herdeiros do nacionalfascismo que non puido desenrolar Risco. Agora agardo os habituais "agarimos" do meu troll de cabeceira fan dos gipsy kings.

3 Asesores pedófilos Non

Asi que eres comunista eh Chovi http://canarias-semanal.org/not/163...