Temas: NCG CURTIS
Comparte esta noticia

A agrupación municipal Asembleas Abertas de Curtis reiteraralle ao alcalde de Curtis, Javier Caínzos (PP), que devolva o recibido de Novacaixagalicia. Dende esta agrupación entenden que se ben o Tribunal Supremo decidiu enviar ao cárcere aos ex-directivos de Novacaixagalicia por apropiación indebida con fines de lucro persoal, "os responsables políticos destes delitos seguen impunes, como é o caso do señor Javier Caínzos, alcalde de Curtis e ex-membro do consello de administración da caixa, que aprobou nese momento as indemnizacións millonarias ós seus directivos", subliñan.

Javier Caínzos
Javier Caínzos | Fonte: javiercainzos.com.

Asembleas Abertas de Curtis lamenta ademais que Caínzos "nin tan sequera se dignou a devolver os cartos percibidos da caixa", que foron, "tan só no ano 2011", un total de "26.900 euros en concepto de dietas" e, "como auto-adxudicación dun préstamo privilexiado", outros "150.000 euros, a devolver en tan só tres anos", detalla a agrupación municipal.

A agrupación lembra, ademais, que o paso de Caínzos pola caixa coincidiu coa estafa de millóns de euros aos preferentistas e cunha xestión que levou ao rescate de Novacaixagalicia con 9.000 millóns de euros do erario público.

"O trasfondo político, de toda esta xestión, de quen aprobaron esta gran estafa, segue esquivándose, sen que estes cargos políticos asumisen as súas responsabilidades. Como é o caso do alcalde de Curtis, o señor Javier Caínzos, que segue exercendo como alcalde e ademais foi premiado co posto de deputado provincial", denuncian as Asembleas Abertas.

A oposición de Curtis tamén salienta que esta denuncia foi feita tamén "polo seu propio partido, o PP da Coruña", que "solicitou a devolución do diñeiro cobrado ós conselleiros de Caixa Galicia", ou por cargos como o alcalde de Oza-Cesuras que instou ó alcalde de Curtis a "devolver  o diñeiro recibido”, chegando a dicir que "compartir candidatura coun ex-conselleiro de Caixa Galicia tras o escándalo das preferentes non sería nin ético nin moral".

Por todo isto, pídenlle a Caínzos que "rectifique", que "devolva os cartos" e que "pida desculpas pola gravidade e consecuencias da súa actuación", ao tempo que se critica que "dende o Partido Popular parece que tamén prefiren votar terra sobre o asunto e premialo con algún cargo máis, non vaia ser que a alguén se lle ocorra revolver na merda", expoñen as Asembleas Abertas de Curtis.

Para a oposición é "de suma gravidade que a quen se lle encomenda o labor de coidar dos intereses públicos, dos cartos de todos, decida repartilos indebidamente entre os seus colegas sen que iso lles traia consecuencias". 

Temas: NCG CURTIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Transfugas abertos

Ben feito, pero os tránsfugas que devolvan tamén as actas e que dean á organización que os escolleu a parte do seu salario que se comprometeran a entregar no seu dia

1 FRPU

A que organización? A esa á que nunca pertenceron?

2 xacobe

E xa de paso que os transfugas abandones as súas actas, ou non?

1 Alberto Piñei*WF n>ro