Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2017 | Actualizada ás 18:15
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, admitiu este mércores que, se a lista que impulsa Pablo Iglesias e que ela apoia de cara a Vistalegre II non vence, apostaría por apartarse da "primeira liña" da formación en Galicia.
Así o dixo Santos nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que admitiu que nese caso "preferiría que un compañeiro máis motivado tomase as rendas do partido" na Comunidade. "Igual ter unha primeira liña para executar un proxecto no que non creo, co sacrificio que é, non sería algo que me motivase", dixo.
En relación a Vistalegre II, Santos indicou que, na súa opinión, Íñigo Errejón debería ter acordado "uns mínimos" con Pablo Iglesias para "seguir avanzando e non competir en dúas candidaturas distintas".
Do mesmo xeito, fixo fincapé en que "moitos botan de menos" a candidatura do propio Errejón á secretaría xeral do partido, xa que está "tan convencido do seu proxecto". "Non podes illar así ao teu líder para que acabe apostando por algo no que non cre", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.