O PSOE ficha a Errejón no mercado de inverno

O deputado de Podemos Íñigo Errejón converteuse na noite do martes no segundo reforzo do PSOE tras superar a revisión médica.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 10/02/2017 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A formación morada acadou un acordo para o seu traspaso por preto de 2,8 millóns de euros, un pouco máis do que investiu por el durante o seu perdiodo como liberado dentro da organización. A duración do seu contrato será o mesmo que tiña até agora con Podemos, ate as próximas eleccións, onde se acordaría ou non unha prórroga deste en función dos obxetivos acadados. Da mesma maneira, o PSOE respectará o seu salario que incluso podería incrementerse en función do número de mocións presentadas e intervencións en plenos.

Iñigo Errejón
Iñigo Errejón | Fonte: irmandade.tv

A formación dirixida por Pablo Iglesias viu no interese do PSOE a mellor forma de poder sacar proveito a un deputado que nos últimos tempos facía fronte e sombra ao seu secretario xeral, e que estaba apartado da organización por indisciplina.

O propio Pablo Iglesias xa dera instrucións aos seus órganos de dirección de que non quería ver máis ao mozo. Canto máis lonxe ideoloxicamente, mellor. E así será.

Errejón converterase no segundo reforzo do PSOE no mercado de inverno e chega para sustituír ao recentente finado José Antonio Alonso, ministro de Interior e Defensa durante o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

Íñigo Errejón deu preferencia a seguir nas Cortes españolas, xa que tamén contaba cunha proposta de EQUO, que parece ser non chegou a ser formalmente contemplada polo mesmo Íñigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hulck

Moi bo.