Causa Galiza pide a retirada do filme ‘50 sombras máis escuras’ por “degradación da muller”

A organización política solicita á Administración autonómica que "suspenda a proxección" nos cinemas galegos por realizar "apoloxía" da "humillación e degradación das mulleres".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2017 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A organización independentista Causa Galiza solicitou este venres á Administración autonómica que "suspenda a proxección" nos cinemas galegos da película '50 sombras más escuras' (Universal Pictures), por realizar "apoloxía" da "humillación e degradación das mulleres".

Imaxe promocional do filme '50 sombras máis escuras'.
Imaxe promocional do filme '50 sombras máis escuras'.

Nun comunicado, a organización apelou á Lei para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para reclamar que se impida a difusión de contidos que "xustifiquen, banalicen ou inciten a práctica desa violencia".

Causa Galiza instou tamén á sociedade galega á "inasistencia" á proxección deste filme —continuación de '50 sombras de Grey'— que "fai apoloxía da humillación e da degradación das mulleres" e que contribúe a "manter" unha "hexemonía patriarcal e machista".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Caligula2

Pensei que a prohibición e a censura eran propias dos reximes totalitarios.Xa vexo que Causa Galiza anda neses eidos. Freedon for Galicia, freedom for the sex

2 A Nova Inquisición

Causa Galiza non ten causas mais valiosas a que adicarse, debe ser que vivimos no mellor dos mundos posibles. Cando a ideoloxía purificadora e totalitaria pretende facerse un sitio na túa intimidade ponte a tremer porque vas perdelo todo.

1 kskh

Estes monas parecen descoñecer que para algunhas persoas a violencia, dar ou recibir ostias, cando se consinte por ambas partes pode ser un xogo divertido e placentero. Ás veces chega con humillar, atar, pisar a cabeza, mexar, simular unha violación, provocar un illamento sensorial total ou parcial, algúns fan augas maiores, fistean, etc. Se estes non saen da postura do misioneiro, dpm, pero que nos deixen aos demais manter un sexo mais elaborado porque é consentido por ambas partes. Por último, permítome recomendarlles que o fagan mirar porque o mellor xeito de tolerar o goce alleo é reconciliarse coa desviación particular de cada un...