Ourense nega un enchufe dunha filla dunha ex-concelleira

Ourense en Común (OuC) denunciou o enchufe nunha praza de educadora no Concello de Ourense. “A escollida para o posto ten relación directa co Partido Popular, sendo filla dunha persoa que concorreu nunha lista electoral dese partido dun concello próximo a Ourense”, acusa a marea ourensá.

Por Manuel Vilas | Ourense | 07/03/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Segundo fontes municipais consultadas por GC, a presunta enchufada é filla de María Carmen Mouttet Álvarez, quen foi elixida concelleira do PP en Piñor tras concorrer polas listas do Partido Popular.

Jesús Vázquez, alcalde da cidade de Ourense
Jesús Vázquez, alcalde da cidade de Ourense

OuC describe varias irregularidades no proceso selectivo. A principal é que a praza foi convocada "dunha semana para outra  sen ser publicada en ningún diario nin sequera na web municipal, e cun prazo de só tres días hábiles para participar”.

Que responde o Concello de Ourense a estas acusacións? “A convocatoria realizouse con publicidade e de feito estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello, como é práctica habitual en todos os procesos selectivos desta natureza”, aseguran voceiros oficiais do municipio tras seren consultados por GC. Sobrea pregunta de que a seleccionada ten vínculos de primeiro grao cunha concelleira conservadora, non hai ningún comentario por parte da Administración que lidera Jesus Vázquez (PP) . Por outra banda as bases da convocatoria din que se publicarán os requerimentos na web da Administración, pero OuC di que isto nunca se cumpriu e o Concello non indicou nada a GC ao respecto.

O certo é que o Concello tramitou tan rápido a selección que só concorreu unha candidata, a finalmente seleccionada. Isto malia ofertáranse inicialmente dúas prazas nunha provincia, Ourense, que presenta unha das maiores taxas de paro entre os mozos de todo o continente. 

Ao quedar deserta unha das prazas, o municipio dividiuna en dúas noutra convocatoria, pero neste caso a través do Servizo Público de Emprego, para unha contratación laboral-temporal.

Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común
Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común

A outra praza, a adxudicada directamente polo Concello mediante o procedemento de urxencia, é de interinidade.  

As educadoras traballarán na Concellería de Benestar Social gracias a unha subvención da  Xunta. En opinión de OeC o Concello actuou deste xeito coa vacante non cuberta  para poder xustificar a subvención a tempo pois “en lugar de contratar a unha educadora máis por dous meses, contratarán a dúas educadoras por un mes cada unha”. A marea da Cidade das Burgas presentou un recurso de reposición ao fío deste asunto.

Captura da convocatoria para dúas prazas de Educadoras sociais colgada no taboleiro de anuncios do Concello
Captura da convocatoria para dúas prazas de Educadoras sociais colgada no taboleiro de anuncios do Concello
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 comunista independentista

Está a traballar moi ben OuC en todos os eidos. Non sorprendería a ninguén que Ourense pase a ser a cuarta cidade gobernada polas Mareas nas próximas municipais. Ogallá.

1 Kollontai luguesa

De verdade cres iso.... En fin... De ilusion tamen se vive.

2 Ana

Nefelibata, mudaches o nome? Tanto morder nas Mareas de Podemos..., en fin... do BNG tamén se chucha.

3 Nacho de Anllo

Igual o proximo alcalde de Ourense vai ser do Bloque de dereitas! Ou o de Vigo! De cero a gloria! Que ridiculos sodes os lacaios! Podemitas e bloqueiros, tristes figuras para embobar o povo dentro do sistema! O sistema que tanto engorda aos politicos profesionais bloqueados e mareados! Concordo con Ana, a chuchar ou a chupar!

4 Kollontai luguesa

Oh que grandes pensadores hai por estes lares.O que non entendedes e que hai xente que imos por libre e non comungamos con "ruedas de molino".Sodes tan grises que non concibides vivir sen siglas e pensar autonomamente. O de Kollontai e unha homenaxe a unha deputada das vosas...Eu son libre pero non surfeo en decembro. Que spleen me dades!

1 Ourensanía de Ferrín

O partido que o primeiro que fai é enchufar ás parellas e meter a todo o mundo nos postos de asesores denuncia que o PP fai. Ide tomar o aire

1 Kollontai luguesa

Gustame o teu seudonimo. Ainda que as Kollontais galaicas non escribimos coma Ferrin que e o meu entender o mellor escritor vivo que a lingua galaica ten. Magoa que os mareantes mais novos non coñezan o lexico galego suficiente para aprecialo. Eximio escritor hai que dicilo nesta epoca de grisura e marketing literario.