É positivo que as galegas sexan líderes en emprego autónomo?

O avance do autoemprego entre as mulleres galegas é evidente, superando con moito as medias europea e española. Pero, dadas as condicións laborais do colectivo, é isto unha boa ou unha mala noticia?

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 08/03/2017 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

O número de autónomos é un dos indicadores da saúde do emprendemento na nosa economía. As cifras compiladas pola Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos indican que hai unha mellora xeral, pero que aínda estamos lonxe dos niveis de 2008, previos á crise.

Emprendedoras no Pont Up Store
Emprendedoras no Pont Up Store

A finais do ano pasado no Estado, había 217.717 autónomos menos ca en maio de 2008. Con todo, é imporante ter en conta que a evolución foi moi diferente no caso de homes e mulleres. 

De feito, o número de autónomas xa se recuperou o ano pasado e en 2016 consolidouse como o de maior empuxe deste colectivo. É dicir, agora no Estado xa hai máis autónomas que antes da crise. Non así no caso dos homes, que segue marcando un menor nivel que en maio de 2008.

En Galicia, hai case 89.000 autónomas fronte ente a aos 126.000 varóns inscritos neste réxime. De feito Galicia e Asturias son as autonomías onde o emprego autónomo feminino ten maior peso. O país é líder no Estado cun 41,3% de emprego feminino entre os traballadores por conta propio, máis de seis puntos que a media estatal e case dez puntos máis que a media da Unión Europea (31,8%).

O peso das mulleres nesta área é aínda maior entre os emigrantes. Dos case 5.700 autónomos estranxeiros inscritos no país, máis dun 40% son mulleres. Por sectores, os que máis autónomas ocupan son comercio, hostelería e outros servizos.

Aínda  que a consolidación do autoemprego feminino é evidente, especialmente en Galicia, cabe preguntarse se isto é un avance no referido a igualdade de xénero. E é que, lamentablemente, os autónomos seguen a ser -salvo poucas excepcións- un colectivo moi desprotexido socialmente e cuns ingresos irregulares e, moitas veces, insuficientes para manter a súa actividade a medio prazo. Noutras moitas ocasións son falsas autónomas, é dicir, mulleres asalariadas que teñen que cotizar por si mesmas debido ao poder que exerce sobre elas o seu empregador. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta