Temas: XAVIER VENCE BNG

Xavier Vence xa era "persoa inactiva" no BNG

Así o considera o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, que asegura que o BNG está "nunha fase de recuperación e moito máis estabilizado" e convida a "non mirar atrás".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2017 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e membro do BNG, César Mosquera, restou este xoves importancia á solicitude de baixa na formación nacionalista presentada polo exportavoz nacional do Bloque Xavier Vence. "Como organización o que nos preocupa é que o balance de altas e baixas sexa positivo", explicou.

Xavier Vence (dereita), ex portavoz do BNG, nunha manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), ex portavoz do BNG, nunha manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Ademais, referiuse Vence como "unha persoa que está inactiva" no BNG e considerou que "é unha pena que se marche". "A transcendencia política a estas alturas, non fai falte que eu a valore", abundou.

A preguntas dos medios, Mosquera lembrou que, do mesmo xeito que o resto de partidos, o Bloque Nacionalista Galego "é de afiliación voluntaria". ademais, indicou que, nestes momentos, o cómputo de afiliados esta sendo "extraordinariamente positivo". "Non é noticia que en Pontevedra entren 40 rapaces cando fai tres anos non tiñamos case ningún", apuntou como exemplo.

Ademais, referiuse a Xavier Vence como "unha persoa que está inactiva" no BNG e considerou que "é unha pena que se marche". "A transcendencia política a estas alturas, non fai falte que eu a valore", abundou.

A saída de distintos líderes do Bloque nos último anos leva a César Mosquera a reflexionar. "Igual fomos un pouquiño lixeiros", dixo, para tachalo de "un erro colectivo". "Obviamente, se puidésemos volver atrás sería outra historia", matizou. "A saber onde estariamos", preguntouse.

Respecto de Xavier Vence, o vicepresidente pontevedrés cre que "non hai tema", xa que "son historias pasadas". "Como organización política pasamos as de Caín", admitiu, pero "o BNG pasou páxina", agregou.

ESTABILIZADO

Así mesmo, Mosquera lembrou que el no seu momento xa advertira que "con certas liñas e certas persoas" íanse "ao barranco directamente". Así, apuntou a que todo foi "unha responsabilidade colectiva". "Enganámonos, rectificamos e punto", sentenciou.

Cesar Mosquera asegura que agora a formación nacionalista está "nunha fase de recuperación e moito máis estabilizado" e convidou a "non mirar atrás", xa que neste momento o BNG está "nunha situación envexable", mentres que "outros están a pelexar e aínda non pasaron esa fase".

Temas: XAVIER VENCE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

7 Alarico

É de bem nascidos ser agradecidos, Venze foi fulcral em tempo de borrasca; agora ele considerá que o rumo e o jeito de navegar nom é aquelado, esta no seu direito; mas a gente crítica e consciente da Galiza está obrigado para com ele. Na re-construçom do País, toda ajuda é pouca; mas temos que saber que para chegar a porto, nom só temos que saber a que porto ir, senom também de como navegar. E para isto é preciso que o temoneiro saiba levar o barco, e o temoneiro é sempre a organizaçom e nunca deve ser umha pessoa só.

6 Raimundo

Vence: a ver...dónde hay un puestecillo para mi? A ver....jo....dami algo Qué banda de trepas e especuladores!!!!!!!!!!!!! Camilo Family....carretera!!!!!!!!!

5 uvuW

Expreme ben a noticia GC que vivides das noticias do BNG, dádelle caña pero mantedeo con vida que se vos acaba o choio, que este panfleto sexa o xornal en galego (galego traducido de Google) máis lido indica o mal que estamos e os novos nacionalistas modernos chupiguais miran la Tuerka e buscan os aloumiños dos donos madrileños. O BNG segue a correxir os seus erros sen pegar un tiro,X. Beiras, Quin, Aymerich e por fin X.Vence ordeados de mal a peor.

1 Amigos para siempre

Aínda está dentro o sogro, sir Camil Nogueira da Sicav de Luxemburg? Irase facendo barullo ou convidarano a saír? E a calderilla quen a vai herdar, Vence ou o BNG?

2 BdRx

Cos seus erros e acertos, eu non poría a C.Nogueira a altura destes. O da Sicav é algo hipócrita e demagóxico dicilo desa maneira coma se fose o xestor ou dono da mesma, tal como o dís parece que se encargou el de montar o fondo de pensións dos eurodeputados.O correcto é renunciar a esa retribución que lle pertencen os eurodeputados como veñen facendo dende hai anos no Bloque.

3 Gamela

que este "panfleto" sexa o máis lido en Galicia, indica precisamente que aquí podemos ler e escribir sen a CENSURA PREVIA de outros medios máis proclives a defender aos APARATOS do nacionalismo galego e non ás xentes desa Galicia que tanto vos enche a boca a algúns... (a non ser que prefiras ler o Terra e Tempo...)

4 La pastillita loqui

El loquito con la sicav de camilo y lores que no le deja aparcar en las aceras y el bloque que no dejó gobernar a Louzán

5 M. Meixide

BdRx, para desinformar hai que ser máis espelido! Na graciosa e bondadosa SICAV de Luxemburgo a participación dos eurodeputados era personal, a título individual e voluntario. Logo non estaban todos, non era obrigatorio participar. E digo máis, houbo quen renunciou a participar, quen dimitiu ao coñecerse o escándalo, e quen pediu perdón, NON FOI O CASO de Camilo Nogueira como eurodiputado do BNG. Os feitos son así de claros, igual de cerro que Ana Miranda non participou do negocio. A altura de Camilo Nogueira é interpretable, depende da vara de medir... As tragadeiras, tamén! E os que consenten e tapan, por favor, non veñades dando lecións de limpeza!

6 La pastillita

Ves como era el loquito mantenido louzanista

4 A ma marla a Parla

Non foi quen de liderar nada. Era un liquidacionista, non confiaba no pobo galego autoorganizado e tentou levar a nave contra os cons, Afortunadamente os militantes e votantes nacionalistas non se deixaron enganar polos cantos de serea das mareas españolas do podemos e puxeron proa a portos máis seguros para o futuro da nosa nación.

1 LKI

Que sí filliño, que sí. Que os únicos galegos de raza pura sodes os catro que quedades no BeNeGá / uPeGá. Os resto dos habitantes de Galiza somos mestizos impuros misturados cos españois. Con razón non sodes independentistas, para qué independendizar un pobo deturpado pola impureza racial. Sieg heil Zarzuelas!

2 LKK

Os que compartides estrutura con partidos españois non estades mesturados con españois? Quen cho dixo, Doña Rogelia ou Procesiones?

3 Francisco Carlos

Pacorro, cando saias, pecha a porta, xa es o último