Temas: XAVIER VENCE BNG

Xavier Vence xa era "persoa inactiva" no BNG

Así o considera o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, que asegura que o BNG está "nunha fase de recuperación e moito máis estabilizado" e convida a "non mirar atrás".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2017 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e membro do BNG, César Mosquera, restou este xoves importancia á solicitude de baixa na formación nacionalista presentada polo exportavoz nacional do Bloque Xavier Vence. "Como organización o que nos preocupa é que o balance de altas e baixas sexa positivo", explicou.

Xavier Vence (dereita), ex portavoz do BNG, nunha manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), ex portavoz do BNG, nunha manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Ademais, referiuse Vence como "unha persoa que está inactiva" no BNG e considerou que "é unha pena que se marche". "A transcendencia política a estas alturas, non fai falte que eu a valore", abundou.

A preguntas dos medios, Mosquera lembrou que, do mesmo xeito que o resto de partidos, o Bloque Nacionalista Galego "é de afiliación voluntaria". ademais, indicou que, nestes momentos, o cómputo de afiliados esta sendo "extraordinariamente positivo". "Non é noticia que en Pontevedra entren 40 rapaces cando fai tres anos non tiñamos case ningún", apuntou como exemplo.

Ademais, referiuse a Xavier Vence como "unha persoa que está inactiva" no BNG e considerou que "é unha pena que se marche". "A transcendencia política a estas alturas, non fai falte que eu a valore", abundou.

A saída de distintos líderes do Bloque nos último anos leva a César Mosquera a reflexionar. "Igual fomos un pouquiño lixeiros", dixo, para tachalo de "un erro colectivo". "Obviamente, se puidésemos volver atrás sería outra historia", matizou. "A saber onde estariamos", preguntouse.

Respecto de Xavier Vence, o vicepresidente pontevedrés cre que "non hai tema", xa que "son historias pasadas". "Como organización política pasamos as de Caín", admitiu, pero "o BNG pasou páxina", agregou.

ESTABILIZADO

Así mesmo, Mosquera lembrou que el no seu momento xa advertira que "con certas liñas e certas persoas" íanse "ao barranco directamente". Así, apuntou a que todo foi "unha responsabilidade colectiva". "Enganámonos, rectificamos e punto", sentenciou.

Cesar Mosquera asegura que agora a formación nacionalista está "nunha fase de recuperación e moito máis estabilizado" e convidou a "non mirar atrás", xa que neste momento o BNG está "nunha situación envexable", mentres que "outros están a pelexar e aínda non pasaron esa fase".

Temas: XAVIER VENCE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

2 queimadelles a ficha!!!!

era discípulo aventaxado do vello -Vieiras e estulticia isa e polo tanto non debe chamarse a efecto o que pasou... pasou... vamos que xa estaba visto o fixo agora no congreso para facer daño... e o que soen facer estas ratas... xuntaronse en vidan nunha vinoteca e estiveron dandolle o "alpiste" como se puxeron estaban esperando que ana pontón e que o bloque se esfarelase para coller o timon para meternos en PODREIROS VALLECANOS... !!!! EXPAÑOLENTOS VERMES NOXENTOS!!!! moita mao branda e a que sempre tiveron estes dirixentes, moita paciencia, co tolomancio -Vieiras e todalas que facia ata ir de conferencias co manolito fraga, menudo demócrata!!!! como se pasaron os elementos faimerrich, o senado castellano, o Espartaco ximenez, a apócimas do slg, o vence, os típicos renegadores, seguiron a estela do fraudulento vello ruinoso o -VIEIRAS...

1 Susavila

Que os três últimos líderes do BNG escapem da organização não é casualidade! Beiras, Quintana e Vence não são santos da minha devoção, nem acredito em salvadores, menos quando têm um ego e soberbia enorme. Agora bem, a UPG fez muito dano: colocando líderes erróneos e fazendo fugir quando não servem ou amosam discrepância. O controlo estalinista já não serve! Por isso agora nem experimentam, mas com Ana Pontón o fracasso é seguro a médio prazo, ficar em testemunhal, sem abertura o BNG é uma seita.

1 expañolentos vermes noxentos

O MEDIO -COMUNISTA OUTRA VEZ (one more time) pero e que non paras rapaz debes estar liberado pola marea-podreira, debes estar recibindo algún-ha paga de liberado do Waldo das JONS o vallecano, eu xa non sei coas parvadas que dis de ESTALINISTAS NO BLOCO... ESTALINISTAS???? ESTALINISTAS???? SANTOS!!!! E MARTIRES!!!! CON MAIS PACIENCIA QUE SANTO JOB!!!!! maldito comunista dependentista ti o que es non e medio-comunista ti es MEDIO-COMICO!!!!

2 Kollontai luguesa

Pode que non che falta algo de razón, dende logo as eleccións deses candidatos foron ao meu entender un gran erro, mesmo a de Beiras visto agora. Hai moitos anos eu era unha furibunda beirista. Agora ben, cómpre recoñecer que a U ten unha militancia moi activa que nunca deixa a ningunha persoa de esquerdas á intemperie. Pode que un non estea de acordo con eles, pode que discutas con eles e elas polas súas numantinas posicións; pero sabes que sempre estarán aí traballando dende pegando carteis ata presentes calquera loita sindical ou social.

3 Kollontai luguesa

Non son perfectos, pero son un dos eixos da esquerda neste país. Se ti es de esquerdas tes que entendelo e darte conta que non se pode estar continuamente criticando a outras forzas de esquerdas. Precisamos unión para loitar contra os recortes ou pedir explicacións polos catastrazos ou a couza das patacas. Coma é posible que esta se propagase con tal celeridade? Non hai que pedir comparecencias de altos cargos das consellerías responsables. Se es dos nosos, pénsao e se es dos outros tamén... Aquí entre nós ata os vosos votantes están moi cabreados con estes temas.

4 Nacionalista

Coido que Guillerme Vazquez e Francisco Jorquera non concordadrán demasiado nesa valoración sensacionalista de "os tres últimos líderes do BNG", aínda que vende máis facer ese tipo de comentarios, non si?