Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2017 | Actualizada ás 17:37
Máis do 85 por cento das empresas con 10 ou máis traballadores e a metade das microempresas galegas empregan software libre, mentres as medianas e grandes empresas galegas superan a media estatal no seu uso.
Son datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que revelan que esta última tipoloxía de empresas sitúa a Galicia no noveno posto do ranking estatal, por diante de comunidades como Madrid, Cataluña e Euskadi.
Entre a información achegada pola Xunta nun comunicado remitido aos medios destaca que as aplicacións libres con maior implantación no tecido empresarial galego son os navegadores de Internet e as aplicacións ofimáticas libres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.