Buscan os autores da destrución en Coroso de niños de píllara das dunas, en perigo de extinción

Aprafoga pide colaboración cidadá para dar cos responsables da desfeita, que ademais roubaron 15 ovos desta ave incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 13/05/2017 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

Aprafoga, a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, denunciou este sábado a destrución de cinco niños de pílllara das dunas na praia de Coroso, en Ribeira.

Destrución na praia de Coroso, en Ribeira, de cinco niños de píllara das dunas
Destrución na praia de Coroso, en Ribeira, de cinco niños de píllara das dunas | Fonte: María Vidal.

Os feitos tiveron lugar na noite do pasado martes ao mércores cando cinco niños protexidos desta ave protexida foton destrozados e quince ovos, roubados. Tras a denuncia da bióloga María Vidal,a principal investigadora en Galicia sobre esta ave, o Seprona iniciou unha investigación para dar cos responsables desta desfeita.

A píllara das dunas está incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas —apenas queda un cento de parellas en Galicia— e esta zona de Ribeira é unha das máis importantes para a supervivencia desta ave, que se atopa en plena fase de cría. De feito, no areal de Coroso, convertido case nunha reserva das píllaras das dunas, véñense instalando nos últimos tempos gaiolas e señalizacións que prohíben o paso para protexer a estas aves tanto dos depradodores como dos seres humanos.

Por isto, os axentes medio ambientais de Aprafoga están a pedir a colaboración cidadá para dar co autor ou autores desta desfeita medioambiental.

Co obxectivo de recuperar esta poboación, a Xunta aprobou en 2014 un decreto que inclúe varios areais, entre eles Coroso, e impón medidas como a delimitación de parcelas de exclusión ou a prohibición de actividades que poidan resultar perturbadoras para estas aves.

Pitiño de Píllara das dunas
Pitiño de Píllara das dunas | Fonte: Axena
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eusi

Que lle pregunten aos guardacostas da Xunta, que de dia vixian que non haxa furtivos, e pola noite van eles pescar ás zonas que vixiaron polo dia: #PPaoPParo #PPodresAoCaxó

1 Arturo

Se se extingue a pillara das dunas, a xente pensará que Galicia é un lugar primitivo, cheo de becerros babeantes e analfabetos, embrutecidos, que foron capaces de facer estas salvaxadas. Polo visto, eiquí ainda quedan residuos humáns da edade de pedra.