Entrei aqui a ver se viña un artigo atacando a Paco Rodríguez e bingo!!! Que malísimo o malo da UPG lembrando que Casares expulsou os deputados que se negaron a xurar a constitución. Se todo o mundo sabe que Fuera de la Constitución nada, dentro de la lei todo. Casares sempre foi dialogante mesmo cando te atacaba. Sectaria UPG e sectario BNG malo maloso. Ademais en ghallegho do pueblo tamén se di Orense. A callar hombre
E o máis ridículo é que trileiras --pensaba colocar troleiras, o corrector mudou e pensei que tamén serve a palabra--, como Kollontai Luguesa, defenden como feras a suposta mesura e cordialidade dos que recurriron contra a Lei de Normalización Lingüística, de quen usou as tribunas de La Voz de su Amo para defender o sistema e rirse do nacionalismo galego, do intelectual que se vendeu ao PSOE para maquillalo de galeguista e fixo boas migas con Fraga... Oportunista, entregado, vendido, ao servizo do poder: a figura política a reverenciar polos que triunfaron! E, claro, as Mareas de Podemos son malísimas, por traidores, e Casares foi un grande ideólogo, xunto con Ramón Piñeiro. E non lle levedes a contraria, que a Kollontai contesta por triplicado...
E que temos que dicir: amén ou hallellujah? Un artigo de Paco Rodríguez criticando o tratamento haxiográfico da figura de Casares é convertido nun "medio" en reclamo para polemistas varios (entre as que me inclúo, aínda que tentarei poñer remedio) e medio de soltar as xenreiras varias e diversas das múltiples tribus que habitan aínda hoxe e sen sabelo quizais por este lugar chamado Galicia. Pensei que o Día das Letras Galegas era para celebrar, aínda que só fose un día a literatura en galego... Equivoqueime. Aquí non se pode facer nada en común, se non está aplaudido por unha das "capilliñas" diversas. Sabedes o que vos digo: adeus.
Estou farta de vós e as vosas liortas, de piñeiristas e antipiñeiristas, de seitarios varios que viven da sopa boba, de demagogos diversos aspirantes a vivir de canonxías, de poetas mediocres elevados aos altares por pensar da maneira axeitada para algunha das camarillas, de novelistas de prosa relamida, de xornalistas que farían arrubiar ata o propio Kane da película de Welles... E sabedes o que vos digo: facede o que vos pete e deixádenos en paz aos que queremos vivir respectando a todos. E déixovos un poema de despedida dun dos mellores poetas, senón o mellor da posguerra, chamábase Miguel Labordeta:
http://trianarts.com/miguel-laborde...
Dades pena, uns e outros. Algúns nin o saberedes e outros... Seguramente tedes intereses máis crematísticos e/ou fobias varias.
Por se non o sabedes Miguel é irmán doutro gran home, coherente e honesto coma poucos deu esta Iberia nosa:
https://www.youtube.com/watch?v=Jad...
Aquí tamén algúns controlastes o nacionalismo e a seudoprogresía toda a vida e o que vos molesta é que outros opinemos. Pois saberedes de nós, dos que queredes calar!
E por certo, a min que non me veñan dando leccións persoas que apoian nunha comunidade o contrario que noutras:
https://twitter.com/ciudadfutura
Anda, que estades para andar dando lecionciñas algúns e reclamando coherencia! En verdade pensades que somos parvos. Moito criticar a Casares e a Paco Rodríguez e moi pouco aos "vosos" ou aos que nalgunha ocasión foron vosos porque os apoiastes. E por certo, a min tamén me gusta a zarzuela, non tanto coma a ópera pero si. Pasa algo? Pois iso coma cantan en Doña Francisquita "Por el humo se sabe donde está el fuego". Que, Failde, comentas a foto do do cirio? Non porque é moito máis fácil atacar a Casares e de paso a Paco Rodríguez... Algúns non tedes límites nin coñecedes a palabra vergonza. Agora si que acabei de dicir o que vos tiña que dicir. Que vos vaia ben! Xa o di o refrán "reunión de galegos, ano de fame", pois iso que mellor traballar que andar dinamizando blogues ou discutindo con talibanciños.
O twitt que quería enlazar era este... Aínda que non está mal botarlle unha ollada a todos, malia que eu non coincida en certas cuestións con Arnau é un intelixente analista da realidade e cunha gran capacidade para poñer de relevo as miserias do ninismo da rama de centro-esquerda.
https://twitter.com/ciudadfutura/st...
Así que atendendo ás recomendacións que me fixeron xa nalgún deses amables comentarios vosos voume dedicar a viaxar por Galicia e a ler máis.
En verdade, é moito máis interesante ler a Arnau, por exemplo que non perder o tempo aquí con seitarios galegos en "reunión"... Ou sexa as patéticas gallegadas de café da seudoesquerda de toda a vida con "envalentonados" brabucóns de "boquilla", porque visto está que se dedicarades algo do tempo que perdedes en atacar a Francisco Rodríguez e/ ou a Casares en gobernar as vosas cidades rebeldes e en facer propostas nos Parlamentos español e galego mellor nos iría a todos. A ser felices que con sorte ao mellor a algún vos nomean asesoriño de algo... Visto o nivel dalgúns non sería sorprendente, senón esperable. E aos do bloque non vos viría mal disentir máis porque os tempos cambian e aínda non pillastes o ritmo dos cambios. Ben está ser críticos, pero o hipercriticismo é moitas veces unha forma de parálise e de sebe invisible que separa da realidade. Ciao.