É o que ten ser un descípulo preferente do auténtico cancro do galeguismo, Ramón Piñeiro. Todos temos luces e sombras, e as sombras de Casares son alongadas no seu piñeirismo miliante e continuadas na actual conformación da equipa directiva da RAG, niño de piñeirismo mareado.
Pode ser, pero eu a estas alturas prefiro non velo todo branco ou negro... Casares era un bo escritor e é un dos fundadores da literatura infantil. Gostei moito de Xoguetes para un tempo prohibido cando o lin con 16 anos e de Vento ferido máis tarde. Estes dous libros, xunto con Deus sentado nun sillón azul son os meus preferidos del. Con respecto ao que ti comentas agora entendo máis a súa figura e valoro o consenso que sempre procurou buscar. Ninguén é perfecto, pero tampouco ninguén é dono da lingua galega nin pontífice máximo en cuestións desta índole.
E hora de deixar as vellas teimas atrás e tentar buscar consensos. E a lingua galega e a literatura nesta lingua son patrimonio de todos os galegos. Non estamos para andar con vellas liortas nin nisto nin en cuestións políticas nin nas lingǘísticas e culturais o cal, por suposto, non pode impedir a crítica motivada. Mágoa que o minifundismo ideolóxico e cultural nos impida avanzar e conseguir aquilo que podemos se o tentamos. Con respecto a Casares, todo cambia se ves brillar os ollos dunha nena pequerrecha á que súa nai lle le en voz alta "A galiña azul". Oxalá puidésemos encher de brillo os ollos de todos os galegos cando escoitan un texto na súa lingua. Non todos poden e Casares si podía.
Ofrézome a lérvolo aos que me insultades cun ou diversos nicks. De ser trolles ao mellor mellorades a vosa redacción e de ser seres humanos correntes que non se dedican a trollear nin a dinamizar webs ao mellor aprendedes a ser tolerantes e deixar de lado os seitarismos e o machismo.
Kollontai, chamémosche K, troll ou animadora (querendo ou sen querer), leches o artigo de Paco? Ou falas por encher baleiros? Sabes que Casares foi parte da expulsión dos deputados nacionalistas do parlamento galego, defendeu a desigualdade consagrada pola Constitución Española para o noso idioma e o castelán, burlouse dos nosos nomes e topónimos usando formas deturpadas, obtivo beneficios do sistema por ser dócil e útil para os de sempre, foi parte do PsoE que naqueles anos recurriu a LNL do galego, o mesmo PsoEspañol do Gal, da represión, a Filesa e a corrupción... Esquecer feitos repugnantes, tecer consensos sen antes recoñecer abusos? Non, grazas! Por certo, Cela tamén aportou como literato (cando non usaba servos), mais non é santo a elevar aos altares como modelo de persoa. Enxergas ou estás asimilada!
Sensatísima reflexión da Camarada Kollontai (oxalá puideramos encher de brillo os ollos dos nenos e nenas hoxe en Galicia!) e non de xenreira coma que destila (hoxe e sempre) Paco El Terrible
http://www.galiciaconfidencial.com/...
Con la iglesia hemos topado. Se xa tiña unha fronte aberta con algúns dos defensores das Mareas agora tócame un simpatizante da U ou que aparenta selo porque nesta web nunca se sabe. Ben, respéctovos moito, sei do voso compromiso pero xa hai tempo que voo soa. Os datos que aportas están descontextualizados e eu non dixen que fose un santo. Só dixen que era un bo escritor que contribuíu enormemente á normalización do galego. A anécdota do brillo nos ollos da nena é certa e Paco é un moi rigoroso filólogo que foi tratado inxustamente.
É hora de deixar as barricadas ideolóxicas e tender pontes. O certo é que a maioría dos seres humanos somos moi humanos e polo tanto imperfectos. Eu falo dende a miña imperfección e non pontifico, só expreso unha opinión. En calquera caso creo que Churchill escribiu ou dixo que a magnanimidade era símbolo de fortaleza e hai moi pouca xente magnánima pola esquerda galega ultimamente. En fin, só me falta que me ataca Nostrus... Únete, ho a ver se completamos o día. Bicos e apertas para todos e todas. En calquera caso, grazas por confirmarme que sigo o bo camiño e penso por min mesma por iso recibo ataques de todos. Eche o que hai...
Datos descontextualizados ou feitos impresetables? Que Fraga fose ministro na ditadura e sentase na mesa do consello que mandou executar, e logo grande autonomista converso... Que Franco encabezase o golpe, enchese as cunetas de inocentes, ante corenta anos de paz... Onde remata o consenso e comeza a baixada das calzas? Os herdeiros politicos do Casares seguen atacando, o seu legado ideoloxico serve ao rancio españolismo, e hai quen o reivindica como "ponte". Para afundirnos se somos inocentes e a pisamos!!!
O que ti queiras. Acordadevos de que o ultimo apague a luz. Ides por un lado e a sociedade por outro. Os galegos somos xente de consensos inda que cando nos toca sabemos mirar a realidade aos ollos e loitar. Ninguen dixo que fose perfecto pero tanta carraxe estremece. Nin haxiografias nin carradas de resentimento. Seguide. Esa non e a miña batalla. En Galicia os petrucios sempre se resistiron a ceder o goberno da casa e o noso amor polo minifundio e historico. Triste que non poidamos nin celebrar un mes das Letras Galegas en paz.
K, pontificar e repetir consignas semella máis acaido para vocencia! Pois non saber que a pioneira na literatura infantil galega foi Xohana Torres, sendo muller e tan sensible... O papel de Piñeiro, Galaxia, Casares..., xustamente explica como estamos agora co galego (datos incontestables: que imos a pique!). Xa sei, para ti, son moito piores os alcaldes das Mareas que os da camarilla de Piñeiro (se cadra precisas orientarte). E, finalmente, da U? Non, grazas... hai vida sen acreditar no nacionalismo, en ningunha patria, e moitas veces permítome coincidir con Paco Rodríguez!
Coincidiras ho. Non o dubido. Eu son unha mortal moi imperfecta e consciente das miñas limitacions asi que perdoa que non entre neste xogo inquisitorial contra alguen que non pode defenderse. Ben esta criticar a haxiografia pero para cada cousa hai o seu tempo. Non creo que Paco quixera alentar aos aprendices de inquisidores senon expresae a sua critcia a unha vision excesivamente haxiografica. Pero hai xente que so sabedes sementar a disension aproveitando ata un artigo. Que magoa! A nova politica e vella en verdade e rica no cainismo que esta adolecia. Non contes comigo para esta cerimonia da confusion que pretendes crear ti. Por certo non sei coma xente tan pura coma vos goberna cos apoiis dese PSOE que tanto criticades? Tede a mesma coherencia que uns e outros lle reclamades a Casares a posteriori.
E por certo dixen un dos fundadores da literatura infantil pero cando se busca apoiar os propios prexuizos en lugar de entender a quen escribe a comprension lectora falla. O teu comentario e os teus prexuizos quedan reflectidos ben
Sorpréndeme moito a túa referencia a que son " muller e tan sensible"... Que pasa, séguesme coma comentarista? Debes ter ben pouco que facer! En fin, por poñer na balanza ao outro Casares recoméndoche o visionado deste vídeo, especialmente a partir do minuto 4 e do 25.
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-te...
Esteas ou non de acordo co piñeirismo, non se pode negar a Casares os méritos que tivo e non, non todo vale. E é fermoso ter algunha patria, aínda que só sexa a infancia...Eu despídome coma a Penélope dun dos meus poemas preferidos de Xohana Torres: "Existe a maxia e pode ser de todos./ A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR. " Eu quero navegar nun gran barco con todos e todas os que están ou estiveron a favor da miña lingua.
K, es previsible e simple demais. A "nova política" ou gobernar co PsoEspañol? Andas desorientada, desnortada, perdida... O mundo dos galegos é máis complexo, lamento non encaixar na túa maniquea división de mareados e bloqueados. Do resto, para chorar: cando os seguidores da causa do Casares seguen dirixindo a nefasta política cultural e desfacendo o que non controlan, ti agardas que miremos indefensos aos que se abrazaron e abusaron do poder? Se cadra precisas lentes que corrixan a miopía!
O único que ten esa visión maniquea es ti. Eu son a proba vivente de que non é así. Comprendo a túa desesperación en defender a causa das Mareas cando un comeza a ser consciente dos erros cometidos hai un tempo para asimilalo. Tranquilo xa pasará. Se cadra ti precisas lentes para ver o mundo cunha certa ilusión e empatía... E si, un día falaremos sobre políticas culturais e dirixismos varios, pero hoxe non teño tempo e francamente estou aburrida desta conversa contigo.
Kollona luguesa: Ti debes ser unha liberada sindical da CIG xa que botas todo o día escribindo en tódolos foros con diferentes nomes, pero sempre cuspindo contra En Marea e caladiña co PP