Clausurados cinco vertedoiros incontrolados nos montes de Padrón

Os traballos de limpeza lograron retirar máis de 400 metros cúbicos de desperdicios, como residuos de construción e demolición, residuos con amianto, plásticos, vidro ou mobiliario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2017 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Un total de cinco vertedoiros incontrolados foron clausurados e desmantelados por parte da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. En concreto, recuperáronse zonas de valor ecolóxico en montes dos lugares da Ponte, Herbón, Ponte Herbón, Rial e Rimille, que suman preto de 1.000 metros cadrados.

Bosque, árbores, outono, paisaxe, natureza.
Bosque, árbores, outono, paisaxe, natureza. | Fonte: Europa Press

Estas actuacións contaron cun orzamento de 31.000 euros e os traballos de limpeza lograron retirar máis de 400 metros cúbicos de desperdicios, como residuos de construción e demolición, residuos con amianto, plásticos, vidro ou mobiliario.

Do mesmo xeito, os lugares recuperados foron sinalizados e valados con grandes pedras, para así dificultar que vehículos con remolque poidan continuar realizando vertidos nas zonas. O resultado dos traballos foron supervisados polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, xunto co rexedor en funcións de Padrón, José Ramón Pardo.

"Xa que ademais das fortes sancións económicas, na a actualidade existen medios máis que suficientes, como os puntos limpos, para que ninguén teña que seguir utilizando o monte para desfacerse de residuos", sinalou Rodeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta