O nacionalismo galego expresa o seu pesar polo falecemento de Bautista Álvarez

Representantes de todas as organizacións políticas nacionalistas e do mundo da cultura súmanse ás condolencias pola morte do histórico dirixente da UPG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2017 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Representantes do nacionalismo galego do ámbito político e socio-cultural expresaron este sábado o seu pesar polo falecemento aos 84 anos do histórico dirixente Bautista Álvarez, un dos fundadores da Unión do Povo Galego (UPG). Esta organización, integrada no BNG, comunicou ao redor das 15,00 horas deste sábado o falecemento do "camarada Bautista Álvarez", ao que definiu como "gran patriota galego, fundador da UPG e histórico dirixente do nacionalismo".

Bautista Álvarez, xunto a Bieito Lobeira
Bautista Álvarez, xunto a Bieito Lobeira | Fonte: Europa Press

"A loita pola independencia nacional de Galicia e o socialismo perde unha figura referencial. Bautista Álvarez estará sempre connosco", subliña a UPG a través da súa conta en Twitter.

O seu secretario xeral, Néstor Rego, tamén a través dun 'tuit', reivindicou "unha vida de entrega a cáusaa liberación nacional e social de Galicia" dun "comunista e patriota galego exemplar".

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que "se foi un amigo, un galego ilustre e referente imprescindible". "Grazas por unha vida de compromiso coa liberdade de Galicia", dixo a líder nacionalista.

Do mesmo xeito que ela, manifestaron as súas condolencias outros membros do Bloque como o portavoz en Santiago, Rubén Cela, e a deputada Noa Presas, entre outros. "Compañeiro Bautista, na nosa memoria SEMPRE!", exclama o BNG desde a súa conta oficial.

Mentres, Anova, forza política resultado dunha escisión do BNG que fundou o tamén histórico Xosé Manuel Beiras, exhibiu un "fondo pesar" e enviou un abrazo "aos compañeiros" da UPG.

Ao lado das entidades e organizacións sociais, A Mesa Pola Normalización Lingüística mostrou a súa dor pola morte de Álvarez, do que eloxiou "unha vida entregada á nación galega tamén como activista da súa lingua".

A Editorial Xerais lamentou tamén a morte dun "político e escritor nacionalista", do que lembra que foi membro da Xeración Brais Pinto.

Tamén o que fora secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, e o alcalde de Lalín por este partido, Rafa Cuiña, expresaron o seu pesar pola súa perda.

Bautista Álvarez será velado e enterrado na tarde deste domingo na súa parroquia natal, San Cibrao de Las, en San Amaro (Ourense), por expreso desexo da súa familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 De Cenlle

Patéticos. Hai tempo que todos o desprezaban, incluídos os da UPG, aos que o do unto púxoos a parir hai pouco dicindo que non coñecía o partido que creara. En fin, un tipo que viviu moi ben media vida do estado que dicía combater, Seguidor da ideoloxía máis asasina que coñece a humanidade e por tanto de traxectoria máis que daniña. D.E.P.

1 Gamela

Case mellor calar.... tanto panexírico é por demáis...!!!

1 Xonc

Pois cala! Que eres un egocéntrico de carall. Tanto artigo e tanta historia e só falas tont.rías. Non che vale nada! Nin Marea, nin BNG... Só te vales a ti mesmo. Monta un partido, escribe as opinións sobre ti mesmo e vaite a unha illa contigo mesmo. Nin a morte dunha persoa respetades j.der

2 anonimo

Se se aturase a el só nunha illa...

3 MolanfiestuquisSanFermin

Oscar Wilde: "Amarse a sí mismo es el comienzo de un idilio que durará toda la vida".