Un motorista resulta ferido de gravidade ao chocar contra un turismo na Gran Vía de Vigo

Un motorista resultou ferido de gravidade logo de impactar contra un turismo na madrugada do luns na Gran Vía de Vigo, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2017 | Actualizada ás 09:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un motorista resultou ferido de gravidade logo de impactar contra un turismo na madrugada do luns na Gran Vía de Vigo, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O accidente produciuse ao redor das 01,00 horas do luns á altura do número 87 da avenida viguesa. O ocupante da moto foi trasladado por Urxencias Sanitarias 061 a un centro hospitalario en estado grave.

A central de emerxencias tamén puxo o caso en coñecemento da Policía Local e os Bombeiros de Vigo.

COCHE CALCINADO

Por outra banda, tamén na cidade olívica, un turismo estacionado no aparcadoiro do cemiterio de Pereiró ardeu por completo na madrugada do luns.

Un particular alertaba do suceso ao 112 Galicia ao redor das 03,15 horas a través dunha chamada na que relataba que escoitara unha explosión e que vía como un coche estaba ardendo.

O 112 Galicia pasou o aviso aos bombeiros e á Policía Local. Tras desprazarse ao lugar, os servizos de extinción confirmaron que o turismo estaba calcinado na súa totalidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta