Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/09/2017 | Actualizada ás 13:00
O PPdeG xa ten recambio entre a súa mocidade. Tras a marcha de Diego Gago para presidir Nuevas Generaciones, o candidato ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, presentou este luns os avais que formalizan a súa candidatura, un total de 247. Será nun conclave que terá lugar os días 22 e 23 de setembro en Santiago de Compostela, coincidindo co primeiro aniversario da terceira vitoria por maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións autonómicas.
Nun comunicado, o PPdeG suliña que “estende o seu proceso de renovación interna tamén á súa organización xuvenil, logo de comezalo desde hai case un ano a nivel local, algo que continuará nos vindeiros meses”.
Adrián Pardo é natural de Oleiros, graduado en Dereito e cursou un posgrao en xestión de riscos e seguros. Leva sete anos vinculado á organización xuvenil dos populares galegos, e nos últimos meses desempeñou o cargo de secretario xeral na xestora da provincia da Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.