Candidato de CxG critica a convocatoria do referendo catalán

Miguel Barros, dirixente de CxG en Vigo, di que é un “deber democrático” apoiar ao Goberno español ante o desafío independentista.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/09/2017 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

“As acusacións de indolencia política e falta de diálogo son eufemismos para non recoñecer que os independentistas non aceptan outro diálogo que non sexa a separación do estado”. Deste xeito comeza o candidato de CxG á alcaldía de Vigo nas pasadas eleccións locais e ex histórico dirixente socialista vigués, Miguel Barros, un artigo publicado no GC Aberto, a sección que este medio abre para a participación de cidadáns e colectivos.

Miguel Barros, de CxG
Miguel Barros, de CxG | Fonte: compromiso.gal

Barros destaca que “o dereito de secesión non está contemplado na Constitución” e destaca que “non semella actitude responsable atribuír ao goberno a responsabilidade da situación en Cataluña, cando as forzas políticas catalanistas promoven a secesión do territorio e loitan pola instalación de facto dun novo Estado”. Le todo o artigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

12 Gato Galaico

A liberdade de expresión é unha cousa, a opinión en medios públicos e de alcance social, que vaia en contra da posición do Partido no que se milita é outra ben diferente. Para opinar están os órganos dos partidos (para todo bo afiliado), cando se fai algo diferente o que se fai e dano a imaxe do partido no que se supón que se comparte todo, ou cando menos así o ten que parecer, e as discrepancias dentro. Quen non entenda iso, evidentemente non pode estar nun partido político, pode estar nunha amalgama de ácratas, nun clube de opinión, nunha taberna dando a súa opinión. Sinto por Miguel, pero o artigo non procedía no tempo, na forma nin no lugar. En definitiva un cero de puntacióna quen pensaba que tiña talla política.

11 Eu mesmo

Un representante de vello do piñeirismo. Moitos anos no PSOE e agora infiltrado no galeguismo grazas a fenda que nos seus estatutos abriu un dos que agora están na RAG e na Marea, arquetipo do piñeirismo...

10 Deglo

Un tipo lucido que din o evidente. Por certo,existe CxG?

9 Ejjjjj que vamos

Seica a opinión "livre" lles molesta a algúns que tanto se lles enche a boca de "liverdade" e democracia. Será que só é "liverdade" opinar como eles queres e o que eles queres?... Ainda que eso sóame a algo que critican constantemente e co que insultan aos demais....En fin, que nun país "livre" ou levas a estreliña na bandeira ou para ti non hai "liverdade".

1 langrán

Ordiá, tenemos troll nuevo en la oficina!

8 Freixo

Sr. Barros, logo destas palavras, se ainda lhe fica algo de decência, abandone o partido. No PPSOECs hai lugar de avondo para o talibanismo imperialista espanhol.