Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/09/2017 | Actualizada ás 12:15
A gran festa de Lugo, o San Froilán, tamén quere ser vivida libre toda violencia sexista. Por iso, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha a campaña por un San Froilán libre de sexismo, tal e como fixera nos festexos do Arde Lucus e no entroido.
Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo é fomentar a importancia de cortar co machismo e co sexismo, incluídos tamén todos os recintos e actividades destes festexos.
A iniciativa do Goberno de Lugo, que xa reflexa nos propios programas do San Froilán que Lugo é un concello libre de agresións sexuais, pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento e lembra que o alcohol non xustifica as condutas de abuso e que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes. Así mesmo recorda non facer comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento sen permiso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.