Investigadores de Santiago xeraron e mediron por primeira vez na USC luz cuántica bifotónica

O experimento foi realizado por científicos da Agrupación Estratéxica de Física da universidade compostelá.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/10/2017 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Un grupo de investigadores de AEFIS (Agrupación Estratéxica de Física da Universidade de Satiago) xeraron e mediron por primeira vez na USC estados cuánticos de luz bifotónica simple e entretecida mediante técnicas de coincidencias. As primeiras imaxes foron obtidas en marzo, quedando inequivocamente confirmados os estados cuánticos de luz no pasado mes de setembro mediante detección de coincidencias de fotóns, informa a a USC.

Investigadores da Universidade de Santiago xeraron e mediron por primeira vez na USC luz cuántica bifotónica
Investigadores da Universidade de Santiago xeraron e mediron por primeira vez na USC luz cuántica bifotónica | Fonte: USC.

Se ben o experimento realizado é coñecido, a súa implementación require de importantes coñecementos de óptica cuántica e mecánica cuántica. O seu interese é estratéxico; de feito o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) de Barcelona en España conta cunha implementación semellante. 

O grupo está formado por dous equipos. Un pertence ao grupo de fotónica GOIFOMO da USC coordinado polo profesor Jesús Liñares Beiras e no que participan C.Montero, V.Moreno e X.Prieto, e cuxa tarefa foi a implementación da fonte de luz cuántica e dos sistemas ópticos de control e manipulación fotónica. O outro, cuxo responsable é o profesor Abraham Gallas Torreira e no que traballa P. Vázquez, pertence ao grupo de altas enerxías GAES da USC, e traballou na implementación do sistema de detección por coincidencias con electrónica de GHz. 

Os resultados abren importantes posibilidades de aplicación á encriptación cuántica, computación cuántica, simuladores cuánticos, metroloxía cuántica, teleportación cuántica, etc., consideradas coma os piares da segunda revolución cuántica, e cuxo reto foi xa asumido pola Comisión Europea (Quantum Technologies Flagship Final Report June 2017). 

O experimento foi financiado por AEFIS -agrupación coordinada polo profesor Carlos A. Salgado- como ‘experimento-semente’ e apoiado ademais polos profesores Javier Mas, Máximo Plo e Alfonso Vázquez, dentro dunha liña máis ampla de impulso da tecnoloxía cuántica na USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta