Falan os veciños de Chandebrito: “Foi un caos. Non se trata de botar culpas, pero isto non se pode repetir”

Víctor Manuel Vidal Otero, presidente da Asociación de Veciños de Chandebrito e membro da comunidade de montes da parroquia, fala nesta entrevista no GC do que pasou o domingo negro. Moita improvisación, moito medo, tensión e impotencia. Grazas a un grupo de Whatsapp puido organizar aos veciños. Logo a Policía coordinou a saída, pero frustrouse. E nesa marcha atrás de máis de 50 vehículos foi onde perderon a vida Maximina e Angelines. "Foi unha sorte que non teña habido máis mortos", asegura.

Por Xurxo Salgado | Nigrán | 23/10/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Non vai esquecer nunca ese domingo 15 de outubro de 2017. Víctor Manuel ten moi presente todo o que aconteceu e non quere darlle moitas voltas. A responsabilidade, di, foi dos pirómanos, pero tamén bota en falla que a Policía non tivese unha actitude "máis tranquila". "Estaban moi nerviosos", lembra. Da Xunta agarda que non veña facerse a foto e insiste en destacar e en felicitar a actitude do Concello de Nigrán, en especial, do concelleiro membro do GES --agora en excedencia pola súa adicación ao concelllo-- de Val Miñor, que estivo cos veciños nos peores momentos. Agora toca seguir adiante, avaliar os danos --"que son de milleiros de euros"-- e evitar que isto volva acontecer.

Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona en pleno outubro
Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Viviches en primeira persoa o que aconteceu o pasado domingo. Cóntame que pasou en Chandebrito?

Que nos vimos acorralados polo lume, literalmente.

E ninguén vos informou da evacuación?

Viñeron dotacións da Garda Civil e da Policía e avisaron á xente de que o lume viña por varios frentes. Cando viñeron aquí estaba entrando polo lado sur e, co vento e a seca, pois espallouse rápidamente e a xente comezou a temer o peor.

Leira queimada en Chandebrito (Nigrán), co Monte do Castro ou Das Cruces de fondo tamén calcinado, tras os devastadores lumes que arrasaron esta zona e boa parte de Galicia en pleno outubro
Leira queimada en Chandebrito (Nigrán), co Monte do Castro ou Das Cruces de fondo tamén calcinado, tras os devastadores lumes que arrasaron esta zona e boa parte de Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Como foi ese desaloxo?

Foi terrible en moitos aspectos porque perigaban as vidas, as casas... e pola impotencia que sentiamos por quedar illados en reductos en distintas partes da parroquia. O lume e o fume impedían  que uns veciños nos poideramos socorrer uns aos outros. Iso é moi angustioso. Non se vía a seguridade que tiñamos que ter. A Policía tiña que ter unha actitude máis serea da que tiveron. E iso é o máis reprochable. Pero axudaronnos a dicir de onde viñan focos e a organizarnos.

E como fixo a xente?

Pois como presidente da asosiciación de veciños teño un grupo de 150 persoas e foi co whatsapp como nos organizamos. Manbamonos mensaxes e audios do que pasaba e tamén estabamos informados por xente da parroquia que estaba fora e que non podía acceder porque estaba todo cortado. E mandamonos whassap e así foi o xeito de comunicarnos e tentar organizarnos e calmar os nervios.

Hai un punto aínda escuro de todo o que alí pasou que foi a tráxica morte das dúas veciñas. Como foi iso?

Pois os efectivos da Policía que había estaban esperando que lle dixeran como saír da parroquia. Dixéronlles sobre as 20.00 horas como saír e montouse un operativo cooperando a Policía, Garda Civil e asociación de veciños. Tamén chegou unha dotación de bombeiros do grupo GES, e con ela un concelleiro de Nigrán que traballa no serveizo. Veu arriscando a súa vida. Logo apareceu outra patrulla de bombeiros nun todoterreo pero sen mangueira. O GES decidiu gastar a auga só no punto necesario.

Logo se lle informou á Policía que había un vial aberto desde a parroquia a Vincios e se formou a caravana. Diante ían coches policiais, pero entón deron a volta porque o paso comezou a pecharse a consecuencia dun cambio de vento. Foi un caos. Detrás dos policías formárase unha caravana moi grande de coches e, ao dar a volta, chocaban cos outros tentando dar a volta. Nun momento dado, o vehículo no que ían Maximina e Angelines saíu da estrada e caíu nunha tomada. Co caos que había, a condutora non puido axudalas, nin outros cohes e elas foron quen de saír dos coches. 

Que tensión e que angustia debeu pasar esa muller...

Ela non é da parroquia pero sae cun chaval de aquí e cando se desaloxaron as vivendas e fomos a un sitio céntrico da parroquia, ela levou o seu coche e logo brindouno para desaloxar aos veciños porque era unha furgoneta e era amplia. Logo do acontecido, a chavala subiu arriba e dirixiuse a min. Viña co mozo, moi nerviosoa, dicindo que ela cria que lle quedara xente no coche. Miramos e faltaban Maximina e Angelines. Entón dixenlle de ir a Policía e comentar o tema. Lóxicamente non se podía ir alí naquel momento. Cando puidemos xa vimos o que pasara. 

E esta muller supoño que está recibindo agora apoio psicolóxico?

Si, si. Por suposto.

De quen cres que foi responsabilidade todo o que pasou?

A responsabilidade foi dos pirómanos. E tamén que había unha circunstancia atmosférica moi prexudicial, cunha longa seca e moito vento, que foi o que provocou o desastre. Un tema como este foi tan sobredimensionado que non houbo capacidade de resposta adecuada porque foi todo moi excepcional. En todo caso, se me preguntas que tería agradecido en todo isto... Pois unha actitude máis serea dos axentes para que nos trasmitiran tranquilida. Entendemos que tiveran tensión porque son persoas pero...

Estaban moi nerviosos?

Si, e a súa actitude foi a de non ter claro o que facer. O que querían era abandonar canto antes a zona.

E que sensación hai agora entre a xente?

A sensación que hai é de total abatemento, de tristeza... pero tamén de alivio porque a morte destas dúas persoas nos afecta moito. Pero logo de ver a dimensión que foi este suceso, pois agradecidos de que non fora a maiores. Puido ter sido máis grave Puideron ter ardido máis casas e ter morto máis xente. E nese operativo de dar para atrás aos coches, que eramos 50 coches, pois puido ter sido peor e ter morto moita máis xente. Por iso estamos agradecidos e aliviados... Como se houbera un Deus que nos botou unha man.

Supoño que logo do que pasáchedes o que menos queredes é ver políticos preto, non?

Queremos que veñan pero que nos veñan con solucións. Traer solucións que son evidentes e non a facer a foto e con cara de preocupación. O de sempre de: "Estivemos aquí e xa está". Nós queremos que veñan, que vexan de primeira man o que hai na parroquia e nos dean solucións. Iso a nivel da Xunta porque non apareceron aínda. A nivel do concello, estamos moi agradecidos. O concelleiro do GEAS actuou moi ben, moi ben. E logo o concello meteunos no polideportivo de Nigrán con comida e tamén en hoteis. Estamos moi agredecidos porque, a posteriori, tamén viñeron arriba para ver como quedara a parroquia. Mandaron camiñóns de auga porque cos lumes secounoso manantial que tiñamos.Tamén se preocuparon pola luz, limparon nos sitios que se precisaba. Sempre preguntando e chamandonos. Sentimos ese apoio. A nivel da Xunta esperamos que o vaiamos ter. Non se trata de botar a culpa a ninguén pero isto non se pode volver repetir.

Xa estivheces evaluando os danos nos montes. Que foi o que viches?

A avaliación na masa forestal, que é variada, pois a verdade e que se queimou un 97 ou 98% da masa arbórea da parroquia. Unha secará e outra parece que a árbore non morreu. Pero hai máis danos en traidas privadas de auga, que se derretiron as tubaxes. Tamén infraestruturas deterioradas como o local social. Algunha casa que sufriu serios desperfectos, aínda que foron as mínimas. Chandebrito é un sitio que tivo moita canteira e, agora, ao morrer a vexetación e se ven chuvia moi forte, pois pode haber desprendimentos.

E na parroquia, que danos hai?

Dúas casas con desperfectos serios, incendiadas parcialmente. Outras con persianas, galpóns. Destas serán 20 casas.

E sabes canto é iso en cartos, os danos en montes e na parroquia?

Non sei. Milleiros de euros. Non che podo facer evaluación pero a perda é moita.

Como cres que hai que facer a partir de agora?

O que hai facer, ao meu modesto entender, é concienciarnos todos, desde os gobernos, cidadanía e comunidades de montes, de mellorar as medidas para que montes e tomadas teñan condicións que non se repite un caso como este. Que haxa axudas, que se apliquen as leis, que haxa coordinación...

Será difícil voltar á normalidade...

Agaro estamos en doo, tristes. Pero temos que seguir traballando e ver o que se nos queimou, para recuperalo. E pensar que estamos vivos, que é o máis importante.

Furgoneta calcinada en Chandebrito (Nigrán) na que se atoparon dous cadáveres, en plena onda de incendios.
Furgoneta calcinada en Chandebrito (Nigrán) na que se atoparon dous cadáveres, en plena onda de incendios.
Víctor Manuel Vidal Otero, presidente da Asociación de Veciños de Chandebrito
Víctor Manuel Vidal Otero, presidente da Asociación de Veciños de Chandebrito
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Outrodopobo

E dalle co dos lumes. Non quería pero vou ter que darlle a razón a Undopobo. Abonda xa co dos lumes!. Ísto aburre ás ovellas. Ata cando ides seguir así?

1 cansa

Tés razón. Mellor non falar deles, que ninguén proteste, que todo o mundo diga que todo é inmellorable, que non se faga nada e non se tomen ningún tipo de medidas nin se busquen solucións a curto, medio nin longo prazo: Hai tempo dabondo para que o mencionen de novo (pero brevemente, por Dios!) os xornais cando os lumes volvan a matar e a erosionar máis aínda o chan de Galicia e a súa biodiversidade, que xa é ben pouca. Temos todo o futuro para falar dos lumes, pois semella que a mesma xente os quere aquí para sempre, en vez de escoitar medidas para que non ocorran máis.

3 Haiqueroelo

O modelo para a loita contra os lumes témolo en Portugal. Frijolito, aprende dos nosos veciños. Os galegos temos que mudar de goberno, como fixeron os irmáns portugueses hai un ano. O cambio no país veciño trouxo grandes melloras, tamén na política forestal.

1 Berro de forza

Sí, grandes mejoras: más de 100 muertos en incendios forestales en unos meses.

2 Berro de forza

Se sabe de algún upegallo que fuera a Chandebrito para echar una mano? O estaban con la cogorza del fin de semana?

1 Xavier Rodríguez

Que asco das!

2 Berro de paiaso

es posible que estuviera con tu progenitora

3 Berro de forza

Qué fino. Te informo que a mi progenitora no le gustan los animales.

4 Carlos Perez

Estaban en Baiona, conselleiro sanidade e vicepresidente da Xunta. Eles mesmos virón que non había medios nos lumes en Baiona. Por iso custa creer que lle podan cuspir á xente na cara deste xeito.

1 animo nigran

alguen deberia explicar quen mandou a policia nacional ata ali,cando non conocian o sitio por non ser demarcacion deles.asi estaban perdidos e asustados.e moi lamentable que pra o unico que serven estes politicos e pra facerse fotos tipo abel caballero ser