Facebook censura a promoción de ‘Nove de Novembro’, o primeiro filme gai en galego

A rede social alega que o vídeo do tráiler, no que se ve a dous homes bicándose, contén “cantidades excesivas de pel” ou “contido suxestivo”. O director, Lázaro Louzao, denuncia estas restricións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/11/2017 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Facebook, coa súa particular 'regra de xogo, decidiu censurar a promoción do tráiler de Nove de Novembro, o primeiro filme gai en galego A rede social alega “contido inapropiado” para restrinxir a promoción do video, que non contén espidos mais si o bico entre dous homes.

Fotograma de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao,  primeiro filme LGTB en galego.
Fotograma de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao, primeiro filme LGTB en galego.

Onte fíxose público o trailer de adianto de Nove de Novembro. A peza de video, que foi difundida dende a mañá por redes sociais, topouse cun inesperado inconveniente á hora de se promocionar en Facebook. “Cando lanzamos en redes noticias ou adiantos importantes sobre o filme, acostumamos poñer pequenas cantidades de diñeiro ás publicacións para que cheguen a máis xente” explica o seu director, Lázaro Louzao, sobre a estratexia publicitaria en redes.

Facebook —a rede social máis popular no mundo— acostuma revisar os contidos que se publican de forma automática, a través de algoritmos e programas informáticos de recoñecemento de imaxe. No aviso enviado por Facebook explicase que o video de Nove de Novembro non cumpre cas súas políticas de publicidade por conter “cantidades excesivas de pel” ou “contido suxestivo”.

“Cando me chegou o aviso de que non se aprobaba a promoción da publicación supuxen que sería por un fallo do programa co que revisan as publicacións”, explica Louzao, que reclamou a restrición aplicada pola rede social.

“Reclamei que se o programa recoñecía moita pel na imaxe era porque había primeiros planos das caras dos protagonistas, porque de feito non saen espidos en ningún momento”, afirma o director do filme.

Censura de Facebook da promoción de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao,  primeiro filme LGTB en galego.
Censura de Facebook da promoción de 'Nove de Novembro', de Lázaro Louzao, primeiro filme LGTB en galego.

Nun primeiro momento a rede social aceptou a reclamación, feita por este novo cineasta, para logo volver restrinxir o seu contido unha hora despois. “Pensei que quedara todo resolto, pero despois deron marcha atrás", comenta o director.

"Xa non é a primeira vez que Facebook ten problemas para aceptar contidos LGTB na súa páxina”, denuncia Louzao.

O certo é que a política de contidos de Facebook e os seus algoritmos teñen xerado enorme controversia, xa que, por exemplo, permite noticas falsas —moitas delas, colocadas nos primeiros postos entre as máis visibles— ou contidos racistas e xenófobos, mentres elimina contidos de contido erótico, nais dando o peito ou mesmo contidos relacionados co mundo gai.

O debate está aberto desde hai tempo, xa non só polo tipo de contidos que Facebook acepta ou suprime, senón por un dereito fundamental como é o da liberdade de expresión e de información.

TRÁILER

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 MonicaLewinsky

Si es que hay determindas cosas que hieren la sensibilidad del público y eso hay que anunciarlo antes de ver según qué cosas. Eso o atenerse a las consecuencias de hacer películas cuya temática lleva implícita la posibilidad de que sea censurada o rechazada, como queda claro en este caso.

1 GranLebowski

A min o que me fire a sensiblidade da punta do nabo é a túa ignorancia e o teu odio. Con moitos coma ti gasearon a millóns de persoas.

2 Cachondeo

Censura en un país democrático ah es verdad es España y esos no saben lo que es la libertad de expresion

3 MonicaLewinsky

¿En qué palabras de mi comentario se refleja odio? En el tuyo parece claro. La condición sexual de las personas no prejuzga mis sentimientos. Me limito a expresar una opinión. A pesar de los enormes avances en relación a la tolerancia y aceptación social del tema de la homosexualidad, todavía sigue a ser rechazado por un número importante de ciudadanos, sobre todo cuando se hace visible en el cine o la televisión y va acompañada de imagenes más o menos explícitas. No es el gobierno quien censura, es una red social y me parece que ese es un hecho que demuestra lo que digo. Quien debe controlar el odio hacia quienes no piensan o sienten como los demás parece que eres tú.

4 GranLebowski

Claro que hai odio implícito no teu comentario cando ves aquí a expoñer que "hay determinadas cosas que hieren la sensibilidad del público" referíndote aos gais e xustificar que poidan ser censurados. Non tomes o pelo. Sería como dicir, "claro que había que queimar libros e xudeos na Alemaña dos nazis porque ferían a sensibilidade de moitos alemáns". O teu comentario é moi perigoso porque xustifica a acción dos elementos máis reaccionarios, extremistas e xenófobos da sociedade. Logo nos sorprenderemos de que a extrema dereita colla pulo en Europa... O que das a entender é que dentro de ti hai un sentimento de odio, ou cando menos que xustificas o odio cara os gais.

5 carmen baz

Creo que estás equivocada en una cosa: es cierto que la homosexualidad provoca rechazo en muchas personas, puede que incluida tú, pero flaco favor le hacemos a la humanidad si en pleno siglo XXI seguimos considerándola algo que esconder. Son dos personas besándose ¿Qué tiene de malo? Si se están matando puede mostrarse si se están besando no. ¿En serio? ¿A estas alturas? En cuanto a esos que les provoca rechazo ¿no va siendo hora de que sean educadas en la solidaridada y respeto a los demás? Facebook debería no prohibir nunca las muestras de amor. A mí me provocan rechazo Rajoy y sus acólitos y sobre todo sus votantes y los tolero, porque los respeto. Porque tienen derecho a pensar diferente a mí. Y no soy gay, pero las personas gays tienen tanto derecho como yo y como tú a expresar lo que sienten. ¿O deben seguir en el armario para que personas egoístas, insolidarias e irrespetuosas con la libertad de los demás duerman más a gusto?

6 Que viva el amor 🌈

Yo flipo!! Defender la censura en este caso me parece ridiculo. Es que a estas alturas... Que viva el amor y la tolerancia.

7 Sentidiño

Xente a falar galego? O mínimo dous rombos, pero sería preferible que a clasificasen "X". A algúns e algunhas iso podería provocarlles unha excitación que só pode ser umbral do pecado.