Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2017 | Actualizada ás 10:00
Poden as administracións públicas rescatar a concesión destes servizos por motivos ideolóxicos? Que pode ocorrer no caso de que estes rescates tramítense de forma incorrecta? Que di a lexislación e xurisprudencia europea respecto a remunicipalización?... Estas cuestións respóndense o libro "Servizos públicos e ideoloxía. O interese xeral en xogo", un libro realizado por varios xuristas, entre eles, o ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño.
Actualmente varios concellos españois están a considerar a opción de volver á xestión directa de servizos públicos como a limpeza das rúas, a recollida de lixos ou a iluminación pública. No caso de Santiago de Compostela, recentemente expúxose a remunicipalización de prestacións como o servizo da ORA e do guindastre ou da xestión da auga.
A obra presentarase este martes, no salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago, nunha sesión aberta ao público ás 19.30 horas. O presidente da entidade cameral, Jesús Asorey, presentará o evento que contará coa presenza de tres dos autores do libro: o ex ministro de Xustiza e doutor en Dereito, Francisco Caamaño; o ex presidente do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional, Pascual Sala; e o catedrático de Dereito Penal Gonzalo Quintero Olivares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.