Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/12/2010 | Actualizada ás 17:40
Antes foron outros como Terra Galega, Converxencia XXI ou CDL os que se postularon tamén para ocupar un espazo que CG entende que se pode ocupar porque “boa parte da sociedade galega está farta e non se sente representada por ningunha das tres grandes formaciónns políticas do país”.
Por iso, aposta por un “galeguismo interclasista, progresista no social e liberal no económico”. Pero vai máis alá e quere un “nacionalismo en positivo e integrador, aberto a toda á sociedade galega sen exclusións e cunha clara vocación europeísta e cosmopolita, traballando dentro do actual marco constitucional e estatutario”.
Este partido celebrou o seu congreso constituínte o pasado 24 de setembro en Compostela e adoptou unhas siglas que foron registradas hai case 20 anos e cedidas por unha serie de catedráticos lucenses.
Lugo e A Coruña
Precisamente, é en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais; 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense. Ademais ten previsto presentarse as próximas locais e xa ten constitucídas 26 listas; 8 en Lugo, 6 na Costa da morte, 5 en Ferrolterra, 5 en Pontevedra e 2 en Ourense.
Con todo, son conscientes das súas dificultades. “Somos conscientes de que por diante temos un camiño duro e cheo de adversidades”. Por iso afrontan este proxecto político “sen presas, cos pés na terra e unha perspectiva a medio-longo prazo, sen a pretensión de obter grandes resultados inmediatos”.
“Analizar” aos seus militantes
A pesar de que algún dos seus militantes proceden doutras formacións políticas, principalmente TEGA, insisten en que non “darán cabida a persoas que proveñan doutras formacións políticas e que nada teñen que ver connosco ideoloxicamente”. E para iso, “analizaremos previamente a traxectoria de toda persoa que queira integrarse no noso proxecto”.
Polo de agora, Xoán Gato, ex-alcalde de Narón e presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, apuntou a posibilidade de presentarse baixo estas siglas para ser candidato en Ferrol.
Velaquí un youtube promocional da nova formación:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.