Nace un novo partido “galeguista e liberal”

Nos últimos meses en Galicia non deixan de proliferar partidos que pretenden ocupar o espazo galeguista e liberal. O último deles Converxencia Galega (CG) asentado, principalmente, en Lugo e na Coruña, con pretensións de ocupar o espazo popular. Vídeo promocional da nova formación no interior.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/12/2010 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Antes foron outros como Terra Galega, Converxencia XXI ou CDL os que se postularon tamén para ocupar un espazo que CG entende que se pode ocupar porque “boa parte da sociedade galega está farta e non se sente representada por ningunha das tres grandes formaciónns políticas do país”.

None

 Por iso, aposta por un “galeguismo interclasista, progresista no social e liberal no económico”. Pero vai máis alá e quere un “nacionalismo en positivo e integrador, aberto a toda á sociedade galega sen exclusións e cunha clara vocación europeísta e cosmopolita, traballando dentro do actual marco constitucional e estatutario”.

 

Este partido celebrou o seu congreso constituínte o pasado 24 de setembro en Compostela e adoptou unhas siglas que foron registradas hai case 20 anos e cedidas por unha serie de catedráticos lucenses.

 

Lugo e A Coruña

 

Precisamente, é en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais; 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense. Ademais ten previsto presentarse as próximas locais e xa ten constitucídas 26 listas; 8 en Lugo, 6 na Costa da morte, 5 en Ferrolterra, 5 en Pontevedra e 2 en Ourense.

 

Con todo, son conscientes das súas dificultades. “Somos conscientes de que por diante temos un camiño duro e cheo de adversidades”. Por iso afrontan este proxecto político “sen presas, cos pés na terra e unha perspectiva a medio-longo prazo, sen a pretensión de obter grandes resultados inmediatos”. 

 

“Analizar” aos seus militantes

 

A pesar de que algún dos seus militantes proceden doutras formacións políticas,  principalmente TEGA, insisten en que non “darán cabida a persoas que proveñan doutras formacións políticas e que nada teñen que ver connosco ideoloxicamente”. E para iso, “analizaremos previamente a traxectoria de toda persoa que queira integrarse no noso proxecto”.

 

Polo de agora, Xoán Gato, ex-alcalde de Narón e presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, apuntou a posibilidade de presentarse baixo estas siglas para ser candidato en Ferrol.

 

Velaquí un youtube promocional da nova formación:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

12 un calquera

Hai que recoñecerlles a quen se mete en Converxencia Galega que non queren estar no PP. Porque o PP co poder na man ten moito poder de convicción para reintegrar ou fusionarse con independentes por concellos por ahí. Certo é que podes negociar máis co PP coa acta de concelleiro no peto, verdade. Pero xa hai concelleiros de TG que poideron irse ó PP e optan por estár nesta Converxencia Galega. Sexa Benvido calquera partido político con sede e mentalidade galega e que actúe coma tal. Fai falla xente galeguista de centro-dereita que non milite no PP, e menos neste PP. Se é así, teñen todos os meus respetos.

11 xose

O que teñen estes de novos teno Baltar na deputacion de ourense,non fagades rir!!.Eu tamen aposto por converxencia XXI.

1 Antela

Pois aposta ti...Aos de Converxencia Galega non teño o gusto (nin o disgusto)de os coñecer. Agora ben, estes de CXXI, ainda que intenten dulcificar a súa mensaxe, a min me parecen uns auténticos ultra-liberais, uns neocon á galega(como lles deixes, son capaces de privatizar ata as Rías). Alén diso os vexo bastante sobradiños, sempre están dando leccións de todo a todos. Empezo a estar un pouco farto da súa prepotencia. Aínda non sacaron un voto e xa se consideran or reis do mambo. Eu seguirei votando Bloque.

2 xose

Antela, visto a xenrreira coa que saides a atacalos ( converxencia XXI) creo aìnda mais firmemente que vou na boa direcióné non te preocupes que o meu voto non irà do BNG,partido ò que nunca votei nin votarei, senon da abstención. Sonche un deses que non tiñan a quen votar salvo nas municipais, dende a extinta coalición galega.

3 Antela

Se o meu é xenreira isto que é?: " O que teñen estes de novos teno Baltar na deputacion de ourense,non fagades rir!!" Insisto, pra min vades de prepotentes. Atacades e criticades con moita facilidade e prepotencia aos demais, (e xa che digo, eu neste caso a estes de CG nin teño o gusto nin o desgusto de coñecelos) pero cando vosatacan a vos ides de vítimas.

4 xose

Ainda que coñezo xente do bloque que visto coma estàn as cousa dentro case seguro os vote, xa lle dixen que o meu voto irà da abstenciòn, non do BNG,. E por certo dixen que os votaría non que fose de converxencia XXI non se equivoque intencionadamente vostede facéndome a mìn integrante que non o son.

5 Carlos - A Coruña

Antela, pódoche asegurar que de "ultraliberais neocon" nada de nada. De feito non creo que ningún dos partidos existentes defenda tanto o dereito a unha sanidade e educación universais e de calidade coma CXXI, por poñerte un exemplo. Eu son afiliado de CXXI e podes crerme que non teño nada de conservador. Simplemente atopei novas propostas e ideas que se saen das opcións actuais e que penso que serían moi positivas para a modernización do país.

6 quasimodo

A ver amiguiños (Do Bloque, Converxencia Galega, CXXI, FPG, PG....) por qué non deixamos de discutir entre nós e nos centramos no inimigo verdadeiro que é o PP? Cada quen que defenda a Galicia a súa maneira e logo xa chegaremos a algun tipo de acordo (plataforma, fronte, federación, cooperativa o que queirades....) para traballar xuntos (non ten por que ser tamén revoltos) en clave galega e de país? Como di "Un calquera" o máis facil pra todos sería estarmos no PP. Que nazan formacións como Converxencia Galega ou XXI penso que é bon e saudável para a deomcracia do pais. Se a curto prazo non imos traballar xuntos polo menos non nos ataquemos entre nós para non pechar a posibilidade de chegar a traballar xuntos a medio prazo.

7 Rayleigh

Iso é o que levo dicindo días a todos estos de CXXI e demáis grupúsculos..pero desgrazadamente todos son "expertos" na actualidade do BNG e non saben falar doutra cousa. Ademáis non poden mallar no PP por se algún día, fanlles unha oferta que non poidan rexeitar. Se mallan, non hai oferta para integra-la "maioría natural. Eu polo menos, tomareinos en serio, cando comecen a tomarse en serio a eles mesmos. Mentras tanto, son o que aparentan: Tertuliáns de café.

10 david

Estes partidos nacionalista (uns máis que outros) de centro poden facerse moito dano entre eles, tendo cada un deles obxectivos diferentes. Converxencia Galega é unha escinsión de Terra Galega para que volva Gato e ao que aspiran é a gobernar nalgúns concellos, e non ten porque ser algo malo (véxase a evolución de Narón). O que non teñen é transfondo ideolóxico para ser partidos que cheguen a todo o País (xeográfica e socialmente), que parece ser ao que queren chegar os de Converxencia XXI, que o teñen moi moi complicado.

1 un calquera

Cal é a evolución de Narón david?. Narón é un pobo ou é unha carretera con edificios dispostos anárquicamente ó seu carón. O mosteiro de Xubia non está case rodeado de chaletes con terrazas para miralo?. Acaso non subíu poboación simplemente por ter suelo urbanizable a baixo prezo nunha comarca deprimida económicamente?. É como se me dis que Fuenlabrada é un grande exemplo de xestión porque gaña poboación. Gato é un caciquiño cun partido de repudiados do PP que máis tarde ou máis temprano voltarán ó redil, véxase senón Neda.

2 david

O certo é que non coñezo a comarca de Ferrolterra de perto (sonche do sur) e só estiven en Narón un par de veces de paso, pero moita xente fala do crecemento do municipio nos últimos anos. De calquer xeito, fai falla algo máis que un logo e presentar lista nunha morea de sitios ao chou. Un partido con vocación nacional ha de ter unha ideoloxía detrás, xente comprometida, caras visibeis e recoñecidas... e, non o podemos negar, un poder económico ou empresarial que o sustente; ademáis de certas amizades mediáticas claro está.

3 un calquera

Narón, coma calquera municipio periurbano galego medrou en poboación pola dinámica demográfica de Galicia, onde o alto prezo dos pisos nas cidades botou á xente ós concellos limítrofes. Dá igual quen goberne, sucedeu en todos así. Tamén nos últimos 15 anos chegaron a Narón os teléfonos móbiles e a internet, e non foi grazas ó alcalde.

4 un da Gándar

a ver...lo siento pero discrepo. Como vecino de A Gándara te puedo decir que hace 30 años este municipio sí que era una auténtica desfeita urbanística...calles sin asfaltar que no llevaban a ningún sitio, edificios en medio de la nada, barrios sin alcantarillado y sin aceras...Con Gato esto creció mucho pero de una manera más ordenada, ademas de arreglar en lo posible todo ese desastre que heredó, se hizo un PGOM que se aprobó por unanimidad, plazas, zonas verdes...Y en Ferrol, al reves que en otras ciudades no hay esa presión úrbanística ni altos precios de la vivienda. De hecho aquí la vivienda está incluso un poco más cara que en Ferrol. La gente de la comarca se viene a vivir aquí porque hay mas empleo y más calidad de vida.Gato hizo algunas cosas mal pero en el cómputo general yo creo que fue un buen alcalde...

9 Requiario

Outra vez o GATO??? Ese home non ten máis ideoloxía que o EU, EU, EU, EU e se é posible, EU! Desde logo non coñezo moito a ConverxenciaXXI, pero parecen moito moito máis serios, o tempo o dirá!

8 xosé

o feito de non utilizar a seaga e que realmente non poden controlar o persoal a quen enchufar , sen embargo utilizarn o persoal do Bantegal ex do Bng e que agora sirven de ideólogos do mesmo. Pobres chicas dos Centros Comarcales (enchufadas polo Bng) ...no tan pobres siguen siendo una excelente moneda de cambio entre partidos.