Nace un novo partido “galeguista e liberal”

Nos últimos meses en Galicia non deixan de proliferar partidos que pretenden ocupar o espazo galeguista e liberal. O último deles Converxencia Galega (CG) asentado, principalmente, en Lugo e na Coruña, con pretensións de ocupar o espazo popular. Vídeo promocional da nova formación no interior.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/12/2010 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Antes foron outros como Terra Galega, Converxencia XXI ou CDL os que se postularon tamén para ocupar un espazo que CG entende que se pode ocupar porque “boa parte da sociedade galega está farta e non se sente representada por ningunha das tres grandes formaciónns políticas do país”.

None

 Por iso, aposta por un “galeguismo interclasista, progresista no social e liberal no económico”. Pero vai máis alá e quere un “nacionalismo en positivo e integrador, aberto a toda á sociedade galega sen exclusións e cunha clara vocación europeísta e cosmopolita, traballando dentro do actual marco constitucional e estatutario”.

 

Este partido celebrou o seu congreso constituínte o pasado 24 de setembro en Compostela e adoptou unhas siglas que foron registradas hai case 20 anos e cedidas por unha serie de catedráticos lucenses.

 

Lugo e A Coruña

 

Precisamente, é en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais; 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense. Ademais ten previsto presentarse as próximas locais e xa ten constitucídas 26 listas; 8 en Lugo, 6 na Costa da morte, 5 en Ferrolterra, 5 en Pontevedra e 2 en Ourense.

 

Con todo, son conscientes das súas dificultades. “Somos conscientes de que por diante temos un camiño duro e cheo de adversidades”. Por iso afrontan este proxecto político “sen presas, cos pés na terra e unha perspectiva a medio-longo prazo, sen a pretensión de obter grandes resultados inmediatos”. 

 

“Analizar” aos seus militantes

 

A pesar de que algún dos seus militantes proceden doutras formacións políticas,  principalmente TEGA, insisten en que non “darán cabida a persoas que proveñan doutras formacións políticas e que nada teñen que ver connosco ideoloxicamente”. E para iso, “analizaremos previamente a traxectoria de toda persoa que queira integrarse no noso proxecto”.

 

Polo de agora, Xoán Gato, ex-alcalde de Narón e presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, apuntou a posibilidade de presentarse baixo estas siglas para ser candidato en Ferrol.

 

Velaquí un youtube promocional da nova formación:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

7 xosé

Preparádevos pronto se filtrarán novos despidos en Medio rural que pronto serán sustituidos por tragsa(ex traballadores de Medio rural) e servirán para recolocar os xerentes (cuadros do PP)a pregunta é cederán e pasarán os xerentes de cobrar 50000 euros a 20000??? a diferencia onde van ....as contas ....en que capítulo se van a transferir ....

6 Pardo de Cela

Sobre a división / atomización de partidos da presunta direita galeguista, remitirse a película "A vida de Brian"

1 luis alberto

Todos sabemos que para "estar xuntos è levarse ben" xa està a esquerda nacionalista. Home por deus non me faga rir...Xa dí o refrán: "dime de que presumes è direiche de que careces", moi acertado neste caso.

2 Rayleigh

Luis Alberto..Temos o PG(r). Temos TG. Temos CXXI. Agora tamén CG. E seguro que algún máis apuntarase. A similitude que fai Pardo de Cela, vaivos que nin pintada. Por que aparte, de ser 4 gatos, apenas conseguides algo nas eleccións, parecedes que sabedes de todo e mesmo atrevédesvos a dar leccións. Pois nada, ide sacando xa o carnet do PP para face-la "maioría natural" de Feijoó.

3 Costadamorte

Cecais hai que priorizar, algúns apostamos antes e agora pola unidade do nacionalismo, e no PNG-PG estamos orgullosos de traballar xuntos no BNG con galegos doutras ideoloxías por Galiza, nai e señora...

4 david

orgullosos claro, pero tamén é que vai moito frío fóra non si?

5 leprekhaun

Outros que queren coller poder e cartos, e que só collerán unha bofetada na cara.

1 Quasimodo

Que digo eu que se fora por cuestión de cartos o máis fácil sería meterse no PP ou no PSOE? non?

4 favonear

Un "novo" partido co Gato de sempre?

3 saña

O levades crú