Renovarse e vivir

No inicio do 2018, vou ser moi breve. Pido desculpas a vostede, lectora ou lector de Galicia Confidencial, polo meu habitual exceso de franqueza. Non vou poñer exemplos concretos dentro do negativo para non ferir sensibilidades.

Por Ramón Torrado | Ribeira | 01/01/2018

Comparte esta noticia

O que desexo explorar é froito da dúbida e da desesperanza. Trátase dunha serie de preguntas, seguidas da tristemente única resposta que é o que neste momento me ofrece un espírito atormentado,  desértico e pobre de recursos.
      Que se pode facer ...
- cando non se sabe en quen confiar
- cando case non se encontran referentes no mundo da cultura, das artes e da comunicación
- cando non se encontran políticos ou líderes a quen admirar
- cando os telexornais son unha fonte de sufrimento cada vez maior
- cando en moitos eidos e en moitos países imperan as inxustizas e as traxedias humanas
- cando o mundo semella estar dirixido por entidades misteriosas cheas de diñeiro e de poder, guiadas polo egoísmo extremo
- cando o planeta mesmo semella estar en perigo
- cando millóns de seres humanos se converten en náufragos virtuais por mor da soidade
- cando xente brillante se ten que ir desta terra por non ter aquí unha boa oportunidade
- cando non se é valorado
- cando as redes sociais chegan a consumir o tempo e a autoestima, e dificultan as relacións cara a cara
- cando hai un exceso de consellos xerais que non sabemos como aplicar a problemas determinados
- cando os conflitos persoais son tan asoladores que non se atopa unha saída, un refuxio
- cando é tan difícil encontrar o amor
- cando un non sabe se está sendo infantil e narcisista por ter un consolo coa aparición de Yoda na recente película de Star Wars
- cando non se sabe que camiño tomar?

      Ben, xa consta. Que cada persoa engada máis dúbidas se o desexa. Teño que rematar expoñendo a pobre resposta mencionada, que xa está no título desta humilde columna. Á coñecida fórmula de renovarse ou morrer, oponse este pouco orixinal pensamento: renovarse e vivir.

      Os meus mellores desexos dun venturoso 2018 para todos os lectores de GC, para todos os galegos, e para todos os habitantes do precioso barco azul no cal viaxamos xuntos.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Ramón torrado Ramón Torrado Romero (Araño-Rianxo, 1966). Educado en Galicia, no País Vasco e nos Estados Unidos. Licenciado en Filoloxía Inglesa na USC, é profesor de instituto. Investigador rosaliano. Foi colaborador en Certo, xornal dixital de Barbanza. Ten escritas catro novelas, un libro de relatos e outro de viaxes, entre elas, Rebeca no val das sombras ardentes (Toxosoutos, 2018) e "Torino" (Axóuxere, 2021), a súa última obra publicada.