Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/02/2018 | Actualizada ás 08:30
O PSOE de Lugo insiste en saber se a decisión da Xunta de non dotar o servizo de Hemodinámica no HULA durante 24 horas ten provocado a morte de veciños. Por iso, hai uns días pediulle ao Goberno galego que publique todos os datos do Rexistro Galego de Infarto. Unha petición que mantén a pesar de que os populares anunciaron que aumentan este servizo ata as 22.00 horas.
“Os lucenses temos dereito a saber se o capricho do PP en Lugo custou a vida dalgún veciño”, insistiu este xoves Álvaro Santos, o secretario xeral do PSOE nesta provincia. “Temos dereito a coñecer a diferenza entre a taxa de mortalidade e morbilidade entre os veciños que son atendidos en Lugo e dos que o fan na Coruña”, engadiu.
“Os lucenses queremos saber, e dende o PSOE nos imos a encargar de que así sexa, se a decisión ou o capricho do PP de retrasar, cando menos 7 anos, o funcionamento de hemodinámica as 24 horas costou ou condicionou a vida dalgún veciño. Nese caso, deberán depurarse responsabilidades”, reclamou.
Manteño que se no prazo legal dun mes non nos contestan e facilitan a información, acudiremos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a un procedemento de defensa dos dereitos fundamentais para que cumpran coa obriga de información e de transparencia. #hemodinámica pic.twitter.com/ikpNmZsyHt
— Álvaro Santos Ramos (@alvaro_santos_r) 22 de febrero de 2018
Os socialistas cren que houbo mortos porque, en caso contrario, o PP tería amosado os datos do Rexistro Galego de Infarto nos que se ampara para non ter implantado Hemodinámica 24 horas. Por iso, suliñaron que van seguir traballando e pelexando por ter un servizo de Hemodinámica as 24 horas dos 365 días do ano no HULA.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.