Unha delas a carencia de novas camadas migratorias. Outra delas é a media de idade dos nosos emigrantes, que están nunha etapa terminal. Tamén existen factores políticos. Por unha banda están as Agrupacións de Socios do Centro que dirixiron á institución. Moitas destas Agrupacións a pesar de ter nomes distintos, estaban orientados polo mesmo partido político galego, pero falta a necesaria pluralidade idioligica.
Outro dos factores determinantes foi a creación de fundacións que se impulsaron na era Fraga creando a Fundación Galicia Saude. Lonxe de modernizar o servizo e sanear as finanzas foi multiplicando o buraco económico, aumentando o cadro de persoal profesional. Esta situación continuou durante o goberno PSOE BNG.
A esta simple radiografía hai que agregarlle un desdén dos problemas da emigración por parte das forzas de esquerda ou nacionalistas. O certo que a institución máis emblemática da emigración galega está pasado o seu peor e máis lamentable situación. Con continuas ameazas de producirse un pelotazo inmobiliario ou unha venda a prezo da a baixa.
Nestes anos alzáronse algunhas voces tentando tardíamente achegar solucións a unha entidade que xa está desauciada. Fai xa máis de vinte anos fun sinalando nin opinión de cal era a mellor opción para darlle solución á nosa institución nai.
Por entón expuña que o edificio e a xestión parada á sanidade pública Arxentina en carácter de doazón. Garantindo a atención especial aos socios do mesmo. Esta opción realizouse con outra entidade da emigración europea dando resultados moi positivos. Nese acordo o goberno durante 10 anos debería de cofinanciar a entidade. Utilizando do orzamento do goberno central unha porcentaxe que se estima para os cidadáns que residen no exterior.
Nestas condicións unha planta do Centro podería continuar co seu labor cultura e podería manter os seus fondos históricos. Seguramente teña que ser o presidente Núñez Feijo que debería persoalmente pilotear esta etapa de transición do Centro. Feijoo conta cunha relación previlexiada co Presidente Arxentino Mauricio Macri.
A crise do Centro Galego debe de abrir un serio debate nas institucións galegas. Xa é anacrónico tanta cantidade de asociacións. Xa non existe a substitución xeracional necesario. Por iso debe unha repartición de roles entre dúas entidades. Por en lado o Centro Galicia que debe concentrar toda a actividade deportiva, recreativa e educacional a través do seu Colexio Santiago Apóstolo. Mentres que a federación de Asociacións Galegas debe ser o foco cultural e o mantemento da memoria histórica a través do Museo da Emigración Galega. É alí onde deberían estar os fondos históricos da emigración, especialmente os do Centro Galego de Buenos Aires.