Carmen Santos rexeita os actos nos que se viu envolta Quinteiro pero exprésalle o seu apoio "como compañeira"

A deputada de En Marea remarca que a decisión de dimitir ou non corresponde a Paula Quinteiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2018 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea e secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, expresou o seu apoio "como compañeira e persona" a Paula Quinteiro, a parlamentaria da organización rupturista que se viu envolvida o pasado sábado nun incidente coa Policía Local cando realizaba un control nocturno por mor dunha denuncia posta por un veciño por vandalismo.

Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa
Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios este xoves en Boiro (A Coruña), Santos remarcou o seu "rexeitamento firme e contudente" a calquera tipo de violencia ou acto vandálico, unha postura que "por suposto" comparte a súa compañeira no grupo parlamentario de En Marea Paula Quinteiro.

Na noite do mércores, logo dunha reunión de dúas horas celebrada após a conclusión da sesión plenaria por parte do grupo parlamentario de En Marea, a propia Quinteiro desmarcouse dos incidentes rexistrados na madrugada do domingo nos que se viu envolta, cando foi identificada por unha patrulla da Policía Local.

Cuestionada por este asunto, Carmen Santos indicou que a súa compañeira na Cámara galega e en Podemos --partido no que milita baixo a corrente 'Anticapitalistas'-- "pediu desculpas sinceras e honestas" durante a reunión do grupo parlamentario.

Ante a petición de dimisión que formulou a coordinadora de En Marea, que lidera Luís Villares, e que será tratada no Consello das Mareas --órgano máximo de dirección do partido instrumental-- este venres, Santos remarcou que a decisión de renunciar á súa acta corresponde "unicamente" a Paula Quinteiro.

Así as cousas, Santos súmase á liña manifestada pola tamén deputada de En Marea Eva Solla, que este xoves negou que o grupo reclamase a dimisión de Paula Quinteiro e asegurou que os seus compañeiros deron por boas as súas explicacións sobre o sucedido.

"AGRAVIO COMPARATIVO"

Así mesmo, a secretaria xeral de Podemos Galicia denunciou o "agravio comparativo" co que, di, estase a tratar o asunto por parte do PP. "Creo que temos que ser respectuosos co noso cargo, pero temos que selo todas. Para nós, Feijóo non é a primeira vez que ataca e pide responsabilidades a deputadas e deputados que logo non aplica nas súas filas", apostilou.

Nesta liña, esgrimiu que os populares están a levar a cabo "un acoso e un ataque desmedido" aos feitos nos que se viu envolta Paula Quinteiro que, aínda que remarcou que "por moito que poidan ser mellorables", "non se trata coa mesma vara de medir" que episodios como "o señor Feijóo paseando con narcotraficantes", "(Cristina) Cifuentes falsificando títulos universitarios" ou "calquera feito relacionado co festival de corrupción do PP".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Braisiño

"Se forte, Paula". E logo, queixámonos do PP. Viñan a facer nova politica e a cambialo todo, e non cambiaron nada. Máis do mesmo, nova corruptela. Caciquismo de toda a vida.

1 anpg

Corruptela? Cal é o delicto? Está nos xulgados? Vaia, pois resulta que non é máis que un "xuízo mediático". Que vos aproveite o circo mentras vos seguen roubando os de sempre.

1 RUPTURISMO (je-je) MAREA

outra vaca mais no millo, se solidarizan coa deputada, e non cos vecinos asaltados que sufriron a ruptura nos seus coches dos espellos retrovisores nun milleiro de pedazos, agora vemos para que sirve o gurpo pra-lametar, non son galegos son un-ha banda de traidores e miserentos, algún incluso falou de fame e de euros, agora xa vemos e que nin son comunistas nin selles espera, nos tempos daquel xeneral ruso a GPU xa lle teria dado un para de boas labazadas e xa estaría dimitida e mais xa estaría traballando en Siberia, pero aquí non todo sigue igual -VIEIRAS TI OS METICHES DE DEPUTADOS!!!! OU ACASO NOS TOMAS POR PARVOS A TODOS, ANDA ROÑOSO VAI E PAGA OS ESPELLOS RETROVISORES E OS CONSELLOS OS METES DENTRO DO CU - e o xuiz villano que??? non pedia a dimisión, ti mandas sobre nada, nesa banda da mareada cada quen fai o que lle da a gana, DIMITE SI AINDA TES ALGO DE HONOR, eu prefiro xa a xustiza do corleone a xustiza da mareada... - https://www.youtube.com/watch?v=Q7i...

1 LKI

Gonzalito, (b)loquito, tomáte a medicación, anda.