Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2018 | Actualizada ás 10:40
Segundo confirmaron fontes hospitalarias, Francisco Melchor Charlín, de 56 anos, recibiu a alta hospitalaria ás 8,30 horas deste xoves. Os facultativos constataron a súa "boa evolución" durante a noite que estivo en observación no Hospital do Salnés.
O seu pai e patriarca do clan dos 'Charlíns' recibiu a alta hospitalaria na mañá do mércores. No centro médico foi atendido das lesións que presentaba despois de ser agredido, xunto ao seu fillo Melchor no asalto á súa vivenda en Vilanova.
Manuel Charlín, de 85 anos de idade, presentaba lesións por contusións e traumatismos. Logo de que se vise á súa boa evolución, recibiu a alta na mesma mañá unhas horas despois do seu ingreso.
FEITOS
Axentes da Policía Local de Vilanova de Arousa foron os primeiros en chegar á vivenda onde sucederon os feitos. Os agredidos manifestaron que "lles ían a roubar diñeiro" e a Policía Local realizou unha primeira inspección da vivenda e procedeu a comprobar se os autores estaban nas proximidades. Posteriormente fíxose cargo das pescudas a Guardia Civil, que abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e identificar e localizar aos autores do asalto e a agresión.
Sobre as 9,00 horas do mércores 11 de abril rexistrouse un asalto con agresión nunha vivenda dos 'Charlín' no municipio de Vilanova de Arousa durante o que resultaron feridos o patriarca, Manuel Charlín, e o seu fillo Francisco Melchor Charlín.
Fontes do Instituto Armado relataron que uns encarapuchados, supostamente con acento suramericano, agrediron a Melchor Charlín e ao patriarca do clan, que cumpriron condenas por narcotráfico e branqueo. Por iso, ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 que levou tanto a Manuel Charlín, de 85 anos, e ao seu fillo Francisco Melchor, de 56 anos, ao Hospital do Salnés, para recibir asistencia sanitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.