Dimite o deputado de Podemos Galicia que mentiu no seu currículo

Juan Merlo, representante de En Marea na Cámara galega e secretario de Organización de Podemos Galicia, renuncia á súa acta parlamentaria despois de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro malia non ter o título.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Poucos minutos despois de dicir que non ía dimitir, o deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, presentou a súa acta parlamentaria logo de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro naval cando unicamente ten formación, pero non o título.

Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia
Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

El mesmo anunciou que presentaba a súa dimisión á acta de deputado, así como que deixa as responsabilidades na organización morada, como número dous da súa secretaria xeral, Carmen Santos, que precisamente este venres está nunha reunión coa dirección de Podemos en Madrid.

Logo de coñecerse a información que publicou 'ABC', el mesmo saíu a comparecer ante os medios de comunicación para recoñecer o "erro" coa súa "conivencia" e admitir o "bochorno" polo ocorrido, pero dixera que non entendía que fose motivo de dimisión e diferenciouno do caso da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Porén, as presións internas puideron con Merlo.

GC puido saber que ao longo desta mañá foron numerosas as peticións desde Podemos e En Marea para que presentase a súa dimisión, para evitar comparacións precisamente co caso Cifuentes, e no medio da desputa que existe en En Marea polo caso da tamén deputada Paula Quinteiro, tamén de Podemos, para a que algúns —incluído o portavoz Luís Villares— tamén esixen a súa dimisión tras verse envolta nunha lea nocturna con axentes da Policía en Santiago de Compostela. 

CAMBIO DE POSTURA

Merlo responde coa súa dimisión ás presións que estaba recibindo no seu partido (Podemos) e En Marea para que dese exemplo de ética fronte ao que está acontecendo na Comunidad de Madrid, onde a súa presidenta, Cristina Cifuentes (PP), agárrase ao seu cargo malia descubrirse que se falsificou un título de máster seu na Universidad Rey Juan Carlos.

Antes, durante a mañá, Merlo recoñecera o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación, algo que se fixo coa súa "conivencia" pero "non coa intención de enganar", dixo.

Merlo asegurou que non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia para transformalos en título de enxeñeiro naval.

Neste sentido, após coñecerse a información publicada por 'ABC', recoñeceu o "bochorno" e a "vergoña" que supón para el esta situación, pero considerou que non era motivo de dimisión do seu escano. É máis, opinou que se o contexto actual non fose o da polémica sobre as titulacións de varios dirixentes políticos, incluído o suposto máster de Cifuentes, serían máis "entendibles" as súas explicacións".

Durante as súas explicacións, explicou en varias ocasións que non terminou os estudos por problemas para compatibilizar o traballo e a formación como enxeñeiro debido á situación familiar e asegurou que "non asinou" ningún traballo como enxeñeiro. O que si recoñeceu é que, como "xerente", estivo á fronte dunha empresa de enxeñaría.

Agora, tras as presións recibidas, presenta a súa dimisión como deputado e como secretyario de Organización de Podemos Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

14 Gamela

Como Secretario de Organización de Podemos Galicia UN CRACK !!! D.E.P.

13 Guliastacaladiña

Os que aínda está a tempo de dimitir (o de ser xulgados) son os do Caso Carrumeiro. Cos cartos que amasaron fixeron un xornaliño que vive agora dos cartos públicos de concellos e deputacións amigas e dos réditos daqueles. Outro Caso Carrumeiro dous.

12 Vella política

Ademais de cobrar 5.000 eurazos e privilexios varios, o tal enxeñeiro das silveiras Merlo fixo algo no parlamento galego? A tal Paula Quinteiro, senón fóra de esmorga rupturista dos bens alleos, quen a coñece como deputada? A cantos chupatintas alimentamos que nada producen, nada aportan como alternativa política e aínda por riba compórtanse como casta elitista? Para sentar no seu lugar, levantar a pata cando llo ordenen, dar más barato alimentar calquera animal de compañía, polo menos non van mentirnos!

11 Manuel García

Soy ingeniero, sé lo que me costó sacar la carrera, y jamás votaré a Podemos, En Marea ni a ningún partido de izquierdas, pero reconozco que una vez pillado este señor ha hecho lo que tenía que hacer. Qué aprendan Cifuentes y el dirigente socialista de Puebla de Brollón que falsificó una licenciatura en Matemáticas

1 anonimo

Este é o comentario máis tráxico que lin na miña vida, porque confírmame o que intimamente creo; non hai futuro nin esperanza para a humanidade, e a educación serve de ben pouco a este respecto...Vivan os enxeneiros aos que lles custou moito sacar a carreira e xamáis votarán a un Partido de Esquerdas!

2 Cuñaooo

Si. A ver iso de que lle costou moito sacar a carreira da moito que pensar. Eu creo que ao mellor ata lle quedou trauma. A ver ho non escribas algo asi... Como era aquilo da natura e Salamanca non presta? Ou coma diria unha intelixente amiga de miña nai hai alguns que pasan pola universidade, pero a universidade non pasa por eles. Este presumindo de que lle costou moito sacar a carreira... A ver cando eu era nova existia unha palabriña: pudor. Pero ti tranqui: aqui a mediocridade premiase. Irache ben na vida. Ao mellor se che costase menos sacar, coma ti dis, a carreira che ia peor.

3 Natasha Rostova delasRestrevas

No fondo, se non e un troll, e tenro. Es ingeniero o mundo parate delante de este gran acontecimiento!

4 Manuel García

Me queda claro que aparecen por aquí el trio de porreros de mi instituto que fardaban de ser más listos que nadie porque ellos sabían ganarse la vida sin estudiar ni trabajar, de botellón en botellón con la camisola del Che. Esa es la gente comprometida de verdad, ¿a que sí?

10 Lois Breixo Gonçalves

Nestes días están a medrar as afiliacións ao BNG de persoas que marcharan enganadas, enganadas polos cantos de sereas deses que hai cando a marea medra. Por sorte agora fica claro que só hai un proxecto nacionalista ilusionante e con militancia, o BNG, e só unha líder que pode ser alternativa ao PP, Ana Pontón Mondelo. Adiante BNG!!!

1 Marcelo

Si, Ana Pontón tén asegurado o 5° posto para o seu partido, de sair, xa que o BNG pode que non saque representante, e ollo co PACMA, que vai subindo. O triste é mostrarse satisfeitos ante o derrumbe da alternativa nacionalista. Ou pior, enganarse a un mesmo, débeches quedar orgulloso despois desta defecación.