Dimite o deputado de Podemos Galicia que mentiu no seu currículo

Juan Merlo, representante de En Marea na Cámara galega e secretario de Organización de Podemos Galicia, renuncia á súa acta parlamentaria despois de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro malia non ter o título.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2018 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Poucos minutos despois de dicir que non ía dimitir, o deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, presentou a súa acta parlamentaria logo de que se desvelase que no seu currículo figuraba que era enxeñeiro naval cando unicamente ten formación, pero non o título.

Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia
Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

El mesmo anunciou que presentaba a súa dimisión á acta de deputado, así como que deixa as responsabilidades na organización morada, como número dous da súa secretaria xeral, Carmen Santos, que precisamente este venres está nunha reunión coa dirección de Podemos en Madrid.

Logo de coñecerse a información que publicou 'ABC', el mesmo saíu a comparecer ante os medios de comunicación para recoñecer o "erro" coa súa "conivencia" e admitir o "bochorno" polo ocorrido, pero dixera que non entendía que fose motivo de dimisión e diferenciouno do caso da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Porén, as presións internas puideron con Merlo.

GC puido saber que ao longo desta mañá foron numerosas as peticións desde Podemos e En Marea para que presentase a súa dimisión, para evitar comparacións precisamente co caso Cifuentes, e no medio da desputa que existe en En Marea polo caso da tamén deputada Paula Quinteiro, tamén de Podemos, para a que algúns —incluído o portavoz Luís Villares— tamén esixen a súa dimisión tras verse envolta nunha lea nocturna con axentes da Policía en Santiago de Compostela. 

CAMBIO DE POSTURA

Merlo responde coa súa dimisión ás presións que estaba recibindo no seu partido (Podemos) e En Marea para que dese exemplo de ética fronte ao que está acontecendo na Comunidad de Madrid, onde a súa presidenta, Cristina Cifuentes (PP), agárrase ao seu cargo malia descubrirse que se falsificou un título de máster seu na Universidad Rey Juan Carlos.

Antes, durante a mañá, Merlo recoñecera o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación, algo que se fixo coa súa "conivencia" pero "non coa intención de enganar", dixo.

Merlo asegurou que non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia para transformalos en título de enxeñeiro naval.

Neste sentido, após coñecerse a información publicada por 'ABC', recoñeceu o "bochorno" e a "vergoña" que supón para el esta situación, pero considerou que non era motivo de dimisión do seu escano. É máis, opinou que se o contexto actual non fose o da polémica sobre as titulacións de varios dirixentes políticos, incluído o suposto máster de Cifuentes, serían máis "entendibles" as súas explicacións".

Durante as súas explicacións, explicou en varias ocasións que non terminou os estudos por problemas para compatibilizar o traballo e a formación como enxeñeiro debido á situación familiar e asegurou que "non asinou" ningún traballo como enxeñeiro. O que si recoñeceu é que, como "xerente", estivo á fronte dunha empresa de enxeñaría.

Agora, tras as presións recibidas, presenta a súa dimisión como deputado e como secretyario de Organización de Podemos Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

9 anonimo

E se ABC non tivese revelado a mentira que pasaría? seguiría de deputado, secretario de organización e número 2 de Podemos sen que ninguén piase.

8 anonimo

^Triste pero certo;a Merlo mándano dimitir de Madrid e dimite,porque coa reputación na Corte non se xoga;como ser exemplares na provincia non importa,a dimisión de Quinteiro non se admitirá pase o que pase na Comisión(sic)

7 Cifuentes Quinteiro

Paula Quinteiro resiste!!! Os do PP, os do BNG e o Listo Komunista Independenciero están contigo. Uns para ter disculpa para a súa mafia particular, outros para ter ataque contra o inimigo que os papa e o terceiro por mamar!!! Merlo, que inocente es, trepas coma ti hainos en todos os partidos, debías esconderte como fai Quinteiro e Cifuentes, até que se destape unha máis gorda. Mentres mantiñas as regalías de deputado, pois alguén sabe se nesta lexislatura fixo algo, interviu unha vez? Paula Quinteiro resiste, aproveita o momento, agora estás na fama!!!

6 Eu mesmo

Fixo ben en demitir. O problema é o porqué. Como parlamentario non foi gris, foi negro, Eu que me considero mínimamente informado, se me chegan a preguntar por un deputado de Podemos chamado Juan Merlo, diría que o é do parlamento español por outro territorio...Nivelaso!!!

5 unha cousa é unha cousa...

unha cousa cousiña... é que son un pouco corto de entendederas...Si tes un curriculum falso tes que dimitir e todo o país está en alerta máxima e indignadísimo.... si te financias co narcotráfico facemos unha serie de televisión...e a pasar un bo rato... é así non? non é por nada ehh somente quero entender a democracia que vos tedes dado entre todos...aburiño¡¡