Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2018 | Actualizada ás 11:33
Laureano Oubiña foi detido hai dez días por axentes da Garda Civil acusado dun delito de narcotráfico nunha macrooperación froito de varios anos de investigación. Unha detención que se suma xa a un longo historial delictivo. De feito, Oubiña volveu a Galicia na primavera do 2017 tras obter a liberdade condicional por parte da Audiencia Nacional e despois de pasar máis de dúas décadas en numerosas prisións de España ao ser considerado un reo especialmente perigoso.
Nese tempo Oubiña cumpriu tres condenas por tráfico de haxix a gran escala e unha por branqueo de capitais derivado da venda da citada droga. E, a pesar deste historial, e de ser detido recentemente, o cambadés insiste: "Eu non son narcotraficante".
Así, e tras a publicación dunha información sobre a conciliación entre Oubiña e a produtora da serie Fariña na que se aludia a el como "narcotraficante", remitiu un comunicado aclaratorio no que suliña que el non é "narcotraficante".
"XA CUMPRÍN AS MIÑAS PENAS"
"En exercicio ao dereito á rectificación, dirixo a presente, con motivo das últimas noticias publicadas por vostedes sobre a miña persona na que me tachan de narcotraficante, concretamente o DOMINGO 15/04/2018 en referencia á demanda conciliatoria que se celebrará o próximo 19 de abril en Madrid, cando como xa saben cumprín as miñas penas e por tanto xa non son narcotraficante", suliña.
"Por todo iso e en aras de evitar procedementos xudiciais en defensa da miña imaxe e a miña honra, requírolles para que rectifiquen estas concretas, inexactas e inveraces afirmacións divulgadas por vostedes sobre a miña persona", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.