Arsenio Fernández de Mesa, de xardineiro auxiliar a conselleiro de Red Eléctrica

O máster de Cristina Cifuentes puxo en riba da mesa varios casos de políticos que inflaron os seus currrículos sen ningún tipo de consecuencia. Entre eles, o de José Blanco, Elena Valenciano, Tomás Burgos ou o que foi o delegado do Goberno en Galicia e logo director da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2018 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Tras semanas dunha intensa polémica sobre un suposto master que non cursou, Cristina Cifuentes acabou dimitindo como presidenta da Comunidade de Madrid. Unha dimisión que ven máis forzada por un novo vídeo filtrado aos medios sobre o roubo duns cosméticos nunha grande superficie, que sobre a polémica do master en si. Unhas filtracións que desde o seu entorno atribúen ao seu propio partido para forzala a dimitir.

Arsenio Fernández de Mesa durante a toma de posesión cando asumiu a Dirección da Garda Civil
Arsenio Fernández de Mesa durante a toma de posesión cando asumiu a Dirección da Garda Civil | Fonte: lamoncloa.gob.es

O caso de Cristina Cifuentes é unha pinga nun cazo de reborda. Non son poucos os políticos de todos os signos políticos que mentiron no seu currículo e non pasou nada. No conxunto do Estado hai moitos casos: José Blanco, ministro de Fomento con Zapatero, puxo como experiencia académica unha licenciatura en Dereito cando en realidade só tiña “estudos de dereito”.  De feito, esta mesma fórmula foi a utilizada por Tomás Burgos, do PP, médico sen título, ou Elena Valenciano, á que lle quedaban dúas materias de estatística para acabar Ciencias Políticas.

Tamén en Galicia, se deu eso de poñerse un título universitario sen telo acabado. Hai unhas semanas dimitía o secretario de Organización de Podemos e deputado, Juar Merlo, por ter mentido sobre a súa titulación. Non acontecía o mesmo hai un ano cando se soubo que a alcaldesa de Mos e número dous deste partido en Pontevedra, Nidia Arévalo, presumía de ter unha licenciatura en Químicas que non tiña, tal e como xa contou este medio.

Pero quizais o caso máis chamativo é o de Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno en Galicia e logo director da Garda Civil. Actualmente percibe 156.000 euros como conselleiro de Red Eléctrica Española. Gaña máis do dobre que Feijóo (73.000 euros en 2017) e case dúas veces máis que Rajoy (79.756 euros).

O seu ascenso no PP foi meteórico nos anos do aznarismo. Fernández de Mesa presumía de numerosos cargos e estudos no seu currículo tal e como xa informou o blogue lacajadebajodelacam. Unha serie de títulos e traballos que resultaron ser erróneos.  Este é o seu abultado currículo.

Arsenio Fernández de Mesa, fíxose pintar como un xeneral do século XIX cando era director da Garda Civil
Arsenio Fernández de Mesa, fíxose pintar como un xeneral do século XIX cando era director da Garda Civil | Fonte: Goberno de España

"AXUDANTE DE XARDINEIRO"

Asegura que é funcionario do Estado por oposición desde maio de 1979. Efectivamente, pero accedeu a unha praza de oficial segunda administrativo do Porto do Ferrol, unha das escalas máis baixas dentro da Administración. Unha praza que resultou ser a de “axudante de xardineiro” na que o “enchufou” o seu pai, tamén funcionario do devandito organismo,

Tamén di que foi Inspector Técnico do Departamento Marítimo da multinacional inglesa International Marine Coatings Ltd., mediante concurso selección, desde xullo de 1982, ata que en setembro de 1988. Resultou ser un comercial dunha empresa de pinturas para barcos. 

MASTER

Ademais, o político galego gustaba de sumar títulos na súa biografía. Así, di ter un Master en Marketing, do RENMARK, realizado xuño de 1980, unha diplomatura en “Protección e Revestimentos do Aceiro”, pola International Paints en Bilbao en 1984, outra diplomatura en “Corrosión e a súa Prevención”,  pola Escola de Enxeñeiros Técnicos Navais de Ferrol, da Universidade de Santiago de Compostela, en 1988 e outra diplomatura en “Contaminación e Protección do Medio Natural”, Universidade Politécnica de Madrid, Marzo 1988 e outra en sistemas informáticos en 1989-1993. Unhas diplomaturas que non deixan de ser cursos de días e semanas, sen rango universitario. 

Neste sentido tamén apuntaba como estudos outra diplomatura en “Altos Estudos Militares” polo Centro Superior de Estudos da Defensa, en Madrid 1991. Trátase dun curso ao que se adoitan apuntar os deputados e senadores que pertencen ás comisións de Defensa. 

Arsenio Fernández de Mesa completa o seu currículo académico como conselleiro Científico e Profesor do Instituto Internacional de Ciencias Políticas da UNESCO, Áreas de Defensa e Industria. Un cargo que resultou ser honorario polos seus cargos políticos. Ademais, este instituto non un organismo da UNESCO.

Currículo de Arsenio Fernández de Mesa
Currículo de Arsenio Fernández de Mesa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 o gajeiro

“Cuco” Fdez de Mesa, ideólogo instigador do Caso Altsasu?? publicado em 18 de abril: https://ogajeironagavea.wordpress.c...

6 Eu mesmo

Raro, raro, raro. Dí que no 76 era afiliado a Reforma Democrática. Eu non tiña entendido que aos Guerrilleros de Cristo Rey se lles chamase así.

5 anonimo7285

Hasta los cojones de tantos titulitos, y lo dice alguien que tiene unos cuantos. Un título significa que has empollado, nada más y nada menos. ¿Para qué sirve? Para filtrar. Ahora bien, una vez dentro, una vez pasado el filtro, hay que aplicarse el cuento de que "el movimiento se demuestra andando". Lo que demuestra valía es lo andado, son los logros profesiones, y no una colección de títulos. El problema es que el español de a pie eso no lo ha entendido, por lo que hemos tenido a políticos con títulos, pero sin experiencia laboral conocida - entre ellos mucho brillante opositor - al mando; y últimamente, con la falsificación e inflado de títulos, ni eso. Así, a nuestros brillantes abogados del estado les dan las del pulpo en un tribunal de provincias de Alemania: les falta el hervor que da, por ejemplo, el haber estado en el turno de oficio defendiendo, con pocos medios y menos dinero, al típico desheredado que empalma detenciones por pequeños delitos.

1 Alto do Ponto

Os tribunais alemáns son independentes e non como aquí que fan o que lles mandan e invéntanse delitos ad hoc ou retorcen a lei ata que dá zume de limón se fai falta. No resto douche a razón, pode haber un licenciado que é unha nulidade e un obreiro que é marabilloso. No caso do individuo do que falan aquí non cumple ningunha das cualidades. Nin ten títulos, nin traballou realmente nunca, nin é brillante en nada excepto ser un hábil trepador.

4 pais de vellos....

quero aclarar a expresión paletos al poder. Un é paleto con título e sen título o qeu abonda por aiqui é paletos con título postos no poder por paletos sen título. A quen lle doa que se de unha volta polos pobos. ESta é unha realidade que ninguen se atreve a dicir en alto. Outra cousa é o debate sobre a igualdade de oportunidades...

1 Ai si claro

Polos pobos....claro, chamas paletos aos do rural, para asocialos ao PP. Na cidade só vivides os listos votantes de esquerda...Pois moi listos non debedes ser porque seguides sen saber gañar...ala a seguir chorando listos. Orgulloso de ser ruralpaleto

2 Amén a todo.

Equivócaste. Falo de ausencia de crítica, de someterse a un político sexa da cor que sexa. De feito creo que é no pp é psoe onde mais abunda a falta de critica. Tamen no resto pero teñen menos poder. Falo de pobos de vilas e ciudades. Dixen pobos porque eu son dun pobo de 5000 habitantes

3 jiam declaire

Que un obreiro poda chegar a ser ministro, non me parece mal tanto en cando un título universitario non che faculta para selo, canta mediocridade existe como licenciados e diplomados (graduados). O que me parece mal é que manipulen e mintan nas súas titulacións.

1 Alicia Cipollina

Estou de acordo contigo. Non debería de haber ningún problema en que un obreiro chegase a ministro se ten capacidades. Nunha sociedade democrática debería de ser algo normal. O problema por estas terras é a titulite baleira que enche as cabeciñas de todos nós. E o froito da historia dunha universidade que se desenvolve ligada a un Imperio que buscaba burócratas e dun liberalismo que nos trouxo o peor de Francia e nada do mellor no XIX. Pero se te fixas esta titulite tamén explica que se enchan de ordenadores e outros aparellos os centros escolares ou que se apliquen "bilingüismos" del inglés cos resultados que todos intuimos (malia que non hai avaliacións): prodúcese unha melloría no coñecemento do vocabulario nos nenos que reciben reforzo polas súas familias ou profesores particulares e unha perda de coñecementos da materia impartida.

2 Alicia Cipollina

Ou sexa, ti pódeslle contar iso a un pai e crecho, non vai reclamar por desdobres en inglés ou por máis horas desta lingua. Igual que non se decatan do absurdo de estudar unha 2ª lingua en 1º e 2º de ESO e poder abandonala en 3º. Non sería mellor que esas horas da 2ª lingua se desen de expresión oral en inglés e fose obrigatorio cursar unha 2ª en 3º, 4ª e o bacharelato? Pois xa ves. Xa o dixo aquel: Spain is different. E tanto. Ou sexa os nosos políticos son o fiel reflexo da nosa sociedade e non hai máis. Grazas por permitirme dialogar con alguén intelixente.