O alcalde de Allariz anuncia a súa dimisión despois de 18 anos no cargo

O edil nacionalista foi alcalde da localidade desde o ano 2000, substituíndo a Anxo Quintana.

Por E.P. | OURENSE | 08/06/2018 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O alcalde de Allariz (Ourense), Francisco García Suárez (BNG), confirmou a Europa Press que este venres anunciará a súa dimisión á fronte do Concello do municipio ourensán.

O alcalde de Allariz Francisco Suárez
O alcalde de Allariz Francisco Suárez | Fonte: Ourense Dixital

García fará pública a súa decisión ás 12,00 horas nunha rolda de prensa convocada na casa consistorial da localidade. A tenente de alcalde, María Cristina Cid Fernández (BNG), sucederao no cargo.

O edil nacionalista foi alcalde da localidade desde o ano 2000, exercicio no que tomou a substitución ao dirixente nacionalista Anxo Quintana, quen exerceu de vicepresidente da Xunta no goberno bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Galego non sometido

Noraboa por todo o traballo realizado devolvendo o esplendor a esa fermosa vila. Parabéns alcalde!!

2 Dalle que libras

Non se atornilla o sillon como o de Pontevedra

1 Rafa Cubatas

E como a xente atornillada ás urnas que insiste en votarlle, tedes que mandar aos de Cheira a rachar uns retrovisores e unhas patadas voadoras a ver se así convencedes a xente que voten Marea Puentevedra dunha vez.

1 M. Monge

Ben feito! Agora hai que pensar na remuda do Lores e a cuadrilla (que un virreinato vitalicio fede até no PP, e no BNG eramos máis sensibles no cheiro).

1 La pastillita loquito

Que si, tío, que se presenta muncho y como la jente le vota no entramos nosotros a pillar cacho.. O patético sodes vós, presentando xente ano tras ano que se esnafra. Vai repetir o teu amigo Louzán?