Dous detidos en Galicia nun operativo contra a distribución de pornografía infantil

A Policía Nacional interveu miles de arquivos e detivo a 24 persoas, dúas delas na Coruña e Pontevedra.

Por E.P. | Madrid | 10/06/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a 24 persoas, dúas delas en Galicia, e imputado a outros oito, por compartir pornografía infantil a través da rede social Facebook e o portal Skype, e interviron miles de arquivos, vídeos e fotografías de menores vítimas de abusos sexuais, segundo informou o Ministerio do Interior.

Un detido na provincia de Lugo en operativo contra pornografía infantil.
Un detido na provincia de Lugo en operativo contra pornografía infantil.

As 24 detencións levadas a cabo durante todo o operativo foron realizadas en Guipúzcoa (4), Madrid (4), Alacante (3), Barcelona (2), Granada (2), A Coruña (1), Asturias (1), Palma (1), Sevilla (1), Cádiz (1), Navarra (1), Pontevedra (1), Valencia (1) e As Palmas (1). Así mesmo, durante a operación tramitáronse dilixencias por investigados non detidos en Guipúzcoa, Zaragoza, Huelva, Teruel, Navarra, As Palmas, Valencia e Ourense.

Na provincia de Granada, dous dos detidos, un home e a súa fillastra, intercambiaban arquivos de pornografía infantil e, cando se identificaba aos menores, a moza de 30 anos seducíaos para que lle enviasen fotografías de si mesmos espidos e mantendo condutas sexuais.

Logo de deter na provincia de Guipúzcoa a un home de orixe paquistaní que hackeaba as contas dos seus veciños para compartir material pedófilo, a Policía detectou unha rede dedicada ao favorecemento da inmigración ilegal, procedendo á detención por este feito dun compatriota seu e tres alxerinos.

As investigacións iniciáronse após recibir, grazas á colaboración coa rede social, información sobre varias persoas que intercambiaban este tipo de arquivos. Após identificar as persoas que crearan eses perfís, foron sometidas a vixilancia, realizando posteriormente os rexistros domiciliarios, todos con resultado positivo onde se atoparon miles de arquivos, vídeos e fotografías relativas a menores vítimas de abusos sexuais.

Entre os tres detidos da provincia de Alacante atopábase un cidadán británico do que se ignoraba mesmo o seu domicilio debido ás medidas de seguridade que tomaba. Após meses de investigación detiverono en Torrevieja con miles de arquivos relativos a abusos sexuais de gran dureza de menores de pouca idade no seu poder.

Os outros dous detidos en Alacante eran irmáns, sendo un deles pastor evanxélico que declarou posuír os arquivos para entender o fenómeno da pedofilia e poder axudar a quen tivese ditas inclinacións. Na provincia de Barcelona os axentes detiveron a un cidadán de Ghana que distribuía imaxes de nenas de raza negra e a outro de orixe paquistaní que se centraba na pornografía infantil de tipo gai.

Das detencións en Madrid, un dos cidadáns ecuatorianos era antigo membro dos latin kings e traballaba como monitor de comedor de nenas adolescentes, tendo como idéntico obxecto sexual mozas da mesma idade das que coidaba no seu traballo. Outro deles realizaba a súa ilícita actividade desde locutorios, usando conexións públicas para tentar ocultar os feitos, e outro era profesor de menores con necesidades especiais.

Ademais, en Mallorca foi detido un home de 60 anos que, mediante un perfil falso na rede social, agregaba a varias mozas novas, sendo tamén perfís falsos, para parecer máis atractivo a outros menores. Unha vez engadidos como amigos, eran acosados sexualmente para que lles enviase arquivos pornográficos.

A investigación tomou un novo xiro cando se investigou a un mozo con minusvalía psíquica que, ademais de intercambiar pornografía infantil, mantiña contacto constante con pedófilos e menores de todo o mundo a través da aplicación de mensaxería Skype. Con estes últimos, para propiciar que se habituasen á pornografía infantil, o mozo adoptaba a identidade dun neno para trivializar o envío de fotografías e vídeos do seu propio corpo espido. Ao investigar os obxectos intervidos constatouse que o seu irmán realizaba feitos similares de forma aparentemente independente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta