Por E.P. | VIGO | 14/08/2018 | Actualizada ás 11:51
A Consellería de Sanidade confirmou que se eleva a 8 o número de persoas hospitalizadas (unha máis que no último parte) após o derrube de parte dunha dársena no Porto de Vigo, durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño.
O novo ingreso rexistrouse a pasada madrugada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, de maneira que son 4 os pacientes ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, outros 3 no hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (que foi trasladado desde Vigo por proximidade ao seu domicilio).
Fontes sanitarias tamén confirmaron que, até a mañá deste martes, xa son 428 as persoas que resultaron feridas e foron atendidas nos diferentes dispositivos asistenciais. Delas, 189 foron atendidas no Álvaro Cunqueiro, 57 na PAC de Vigo, 4 na PAC de Redondela, 106 en Povisa, 26 na nosa Señora de Fátima, 11 no Montecelo, 7 no Castro, 1 no Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.