Por que non potenciar o cultivo das maźas galegas para a súa comercialización?

Xosé Luís Rivas pide un plan experimental para cultivar mazás autóctonas en determinadas áreas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/09/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas, reclamou á Xunta que deseñe e dote de orzamento un plan experimental de cultivo en diversas áreas xeográficas de variedades de mazás autóctonas para ver a viabilidade no seu cultivo e a súa introdución no mercado con márchamo de calidade e singularidade.

Mazá de peruco
Mazá de peruco | Fonte: infojardin

Rivas argumentou que estas variedades autóctonas de calidade deberían desprazar ao produto que agora chega ao mercado “copado polas grandes cadeas de distribución que moven produtos desde os máis recónditos lugares xeográficos do planeta, con alimentos producidos a prezos irrisorios por poboacións que viven en condicións de explotación e de paupérrimas condicións alimentarias, sanitarias e de xustiza social”.

O abandono da fruticultura como actividade agraria en Galiza pese a que conta cunha vasta variedade de microclimas e solos propicios para o desenvolvemento desta actividade, xeradora de economía e con posibilidades de asentamento de poboación chamando por xente  moza”, alegou no debate da súa iniciativa en comisión parlamentaria.

De feito, explicou, existe en Guísamo, na antiga sede do centro de formación e experimentación agroforestal,  unha colección de preto de medio cento de variedades autóctonas galegas, recollidas e seleccionadas nos anos 60, de mazás de sidra e de mesa “que están á espera de que alguén con bo criterio se lembre da súa existencia e da renomeada sona que antano tiñan entre a poboación de dentro e de fora de Galiza”.

Lembrou o deputado que durante o Goberno bipartito houbo proxectos para a reintroducir dalgunhas destas variedades que contan con tódolos elementos necesarios para unha boa acollida como a presentación, aroma e sabores, “para seren introducidas nun mercado cada vez máis esixente”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 PP (2 de 2)

Este traballo está seriamente ameazado pola merma de recursos en persoal e medios nos últimos dez anos. As escasas accións puntuais non permiten o establecemento dun programa de mantemento, caracterización, mellora e posta en valor para o mercado a medio prazo. Esta é outra das consecuencias da “fake politic” de Feijóo: renuncia a apostar polas actividades de I+D+i como motor do desenvolvemento, alonxándonos cada vez máis do noso entorno europeo (o gasto total en actividades de I+D+i en Galiza é hoxe menor que hai dez anos, e representa un tercio do gasto medio da UE-15 e a metada do da UE-28, incluídos os países do Leste). Como dicía o xornalista José María García de Pablo Porta (PP): “….ni una mala palabra, ni una buena acción”.

3 PP (1 de 2)

Moi boa intención e interesante proposta, Mini. A xente debe saber que no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo existe un Banco de Xermoplasma que contén coleccións autóctonas de especies de froiteiras (de pebida e óso), de horta, de millo, de cereais de inverno e de pratenses. Ver http://ciam.gal/sp/index/?r=recurso.... Na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (EVEGA) de Leiro consérvanse distintas especies de vides autóctonas moi interesantes (ver http://evega.xunta.gal/recursos-xen.... No Centro de Investigación Forestal de Lourizán se mantén unha ampla colección de variedades locais de castaña para froito, entre outras especies. O mantemento deste patrimonio xenético é esencial para preservar a diversidade, manter xenes de resistencia a situacións de cambio climático, pragas e enfermidades e é fonte de diferenciación de productos singulares para o mercado.

2 maceiras

Creo que polo menos o 80 por cento das mazas que dan orixe a sidra e de orixe galego, o problema da maza galega e que ten un sabor un pouco acedo, claro todo dependería dos lugares e das variedades de maceiras que prantasen, pero producir e o fácil do difícil e comercializar o producto, aquí é onde están as mais dificis compricacions para poder chegar o consumidor final que tamen pode estar noutros lugares.

1 O'Leary

Pois si. Poden ir dar unha volta por Irlanda, Uk, Normandía. Pero por desgraza os galegos somos como marionetas. Como se respeta o agro neses sitios, como se potencia a dignidade da xente que vive alí e como os urbanitas non teñen nada que ver coa maioría dos que hai por aquí (con excepcións, tamén é xusto dicilo).