Ordes mobilízase con espigas de millo contra a “rapiña depredadora empresarial”

Distintos colectivos tentan denunciar os proxectos eólicos e mineiros nos concellos de Ordes, Mesía, Frades e Cerceda.

Por Galicia Confidencial | Ordes | 18/09/2018 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Distintos colectivos veciñais e asociacións de Ordes convocan este 30 de setembro unha concentración para denunciar a “ rapiña depredadora empresarial”, en alusión aos distintos proxectos mineiros e eólicos que se están levando a cabo en Galicia grazas a lei impulsadas polo Goberno da Xunta de desenvolvemento industrial e empresarial e que a oposición cualifica de “lei de depredación industrial”.

Espiga de millo
Espiga de millo | Fonte: dreamstime

“O próximo 30 de setembro ás 12.30h en Ordes están convocados todos os veciños, asociacións da comarca, concellos, grupos municipais e todos aqueles que o desexen a participar nunha concentración para esixir unha comarca con ¡aire, auga e terra limpas! erguendo espigas de millo como símbolo e fortaleza do rural que loita por sobrevivir con dignidade”, indican nun comunicado

O obxectivo é denunciar e chamar a atención sobre as fortes agresións que suporían os parques eólicos proxectados por unha compañía de capital saudí e que furarán os montes de Ordes, Mesía, Frades, Trazo e Cerceda. As novas liñas de alta tensión proxectadas rematarán na subestación eléctrica do Mesón do Vento.

Tamén criticarán o novo vertedoiro de residuos industrias de Lesta, a escasos metros do macrovertedoiro de Sogama na Areosa ao que vai parar o lixo de toda Galicia, así como a actividade mineira de extracción de seixo que Erimsa pretende ampliar en Mesía e Frades a costa da vida dunha zona eminentemente gandeira. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta