Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/09/2018 | Actualizada ás 19:57
En concreto, foron expedidos 13 pasaportes ordinarios e 8 provisionais. Un das familias galegas que permanece en Ucraína confirmou que "polo menos un" destes bebés corresponde a unha das catro familias de Galicia que permanecen en Ucraína.
"Xa teñen inscrito ao bebé e xa lle deron o pasaporte, dúas estamos á espera", explicou un dos galegos que permanece en Ucraína, que precisou que descoñecen en que situación está o cuarto caso. Para Exteriores, trátase de todas as familias afectadas este verán polo cambio de criterio na inscrición destes menores. O proceso de inscrición destes menores viuse interrompido en agosto por un cambio de criterio do consulado, que alega que o novo Regulamento Europeo de Protección impide a proba de ADN aos nenos para demostrar a filiación paterna e, por tanto non podería inscribilos.
PROCEDEMENTO
Antes, as familias españolas que acudían a Ucraína para ter fillos mediante a subrogación só debían demostrar a filiación do pai, que é o que achega a carga xenética, para obter o pasaporte español provisional e poder rexistrar ao neno como fillo dunha relación extramatrimonial ante o Goberno español. Despois, a nai realizaba un proceso de coadopción en España. A pesar destas inscricións, o presidente da asociación Son Nuestros Hijos, Marcos Jornet, xa alertou no verán de que esta "negativa" do Consulado de España en Kiev (Ucraína) de inscribir no Rexistro Civil aos bebés nados por xestación subrogada en Ucraína podería afectar a "centos" de familias españolas que se atopan inmersas nestes procesos.
A Embaixada española en Ucraína emitira un comunicado no que desaconsella "claramente" iniciar un proceso deste tipo por "non ter cabida no ordenamento xurídico español" e apunta que as autoridades españolas "non poden facerse responsables das promesas de axencias privadas que realizan fóra de España unha actividade non amparada pola lei española". Ademais, neste comunicado, este departamento advertía de que non podía asegurar que o trato ás "nais xestantes" sexa bo e de que nos últimos meses producíronse "estafas e enganos" por parte de clínicas ucraínas, ademais de "mala praxe médica", como abortos inducidos ou deficiente control médico dos embarazos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.