Falece un home ao quedar apreixado debaixo do tractor que manexaba

O accidente produciuse sobre as cinco da tarde na parroquia de Argomoso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2018 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Un home faleceu ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba nun accidente ocorrido en Mondoñedo (Lugo) na tarde deste sábado, segundo os datos facilitados ao servizo de emerxencias do 112 Galicia.

Tractor rozando unha leira
Tractor rozando unha leira

O accidente produciuse ao redor das 17,00 horas, á altura de Pardiñas, na parroquia de Argomoso. O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do 061-Urxencias Sanitarias e, tras recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros, de Protección Civil e da Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Barreiros confirmaron ao 112 Galicia que o home xa se atopaba accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

A pesar de todo, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida ao home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta