Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2018 | Actualizada ás 11:58
A deputada do PPdeG Cristina Romero Fernández presidirá a comisión de investigación que indagará sobre o accidente ocorrido o pasado mes de agosto en Vigo, durante a celebración do festival do Marisquiño. Tamén os populares ocuparán a vicepresidencia da Mesa desta comisión parlamentaria, mentres que será En Marea, con Carmen Santos, o grupo que ocupará a secretaría.
Arrincan así os traballos para esclarecer as causas do sinistro que deixou 467 feridos na ciudada olívica, onde goberna por maioría absoluta Abel Caballero (PSdeG).
Precisamente, o rexedor vigués rexeitou comparecer no pleno do concello sobre este accidente e tampouco permitiu a constitución dunha comisión de investigación municipal, o que propiciou que o PPdeG facilitase a creación deste órgano no Parlamento de Galicia, a proposta de BNG e En Marea.
Forman parte da comisión por parte do PPdeG: Teresa Egerique, Alberto Pazos, Marián García Míguez, Paula Prado, Cristina Romero (presidenta), Jaime Castiñeira e Jacobo Moreira (vicepresidente da comisión) formarán parte do órgano que se centrará no 'Marisquiño'.
De En Marea estará o portavoz parlamentario, Luís Villares, e a viceportavoz segunda, Carmen Santos (secretaria da comisión). Do PSdeG, conformarán este órgano o vigués Abel Losada e a pontevedresa Patricia Vilán; mentres que Montse Prado substituíu este xoves a Luís Bará no escano que ocupará o BNG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.