Persegue o alcalde de Dodro aos funcionarios críticos?

PSdeG, Unidade Veciñal de Dodro e unha comunidade de montes denuncian persecución política aos traballadores municipais tras a apertura de varios expedientes disciplinarios, o último a un funcionario. Este valora denunciar ao concello por vulnerar a Lei de Protección de Datos.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 12/10/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Primeiro foron os operarios da brigada forestal, e agora foi un funcionario municipal. Nos últimos tempos o Concello de Dodro non para de abrir expedientes disciplinarios. Este mércores o concello informaba da apertura dun expediente de a suspensión de emprego e soldo durante seis meses dun traballador municipal por “actos de carácter grave”, sin especificar cales. Os grupos da oposición apunta a unha "persecución política".

Valentín Alfonsín Somoza, alcalde de Dodro, rodeado dos seus concelleiros
Valentín Alfonsín Somoza, alcalde de Dodro, rodeado dos seus concelleiros | Fonte: PPdodro

Nun comunicado o concello informaba que o alcalde, o popular Valentín Alfonsín, requiriu a tres traballadores do Concello información sobre as funcións realizadas polo empregado expedientado, “despois de varios meses de repetidos incumprimentos pola súa parte”. “O traballador ven incumprindo ou realizando de xeito erróneo moitas das súas funcións, algunha delas con aspectos moi graves, que impiden ou normal e ou correcto funcionamento do servizo do Concello, que son consideradas como actos de carácter grave ou moi grave”, recolle o comunicado.

O executivo de Valentín Alfonsín explica que suspendeu ao funcionario pola “extrema gravidade dos feitos, á necesidade de atender ao respecto e traballos dos demais empregados públicos, que se vían gravemente afectados, e en aras de garantir ou normal funcionamento da administración e a necesaria protección dous intereses xerais e máis corrixir vos efectos da infracción cometida”. O comunicado tamén foi publicado no perfil de FB do concello co nome e apelidos do traballador, vulnerando a Lei de Protección de Datos.

Por iso, o funcionario afectado valora xa emprender accións legais contra o concello e o alcalde por vulneración dos seus dereitos fundamentais. Tamén Unidade Veciñal de Dodro presentou unha iniciativa para ser debatida no pleno municipal para denuciar esta ilegalidade e pedir explicacións.

Pola súa banda o PSdeG manifestou “a súa repulsa ante esta persecución, acoso e derriba do persoal municipal” e deu o seu apoio aos traballadores afectados. Asegura que o expediente se basea en “argumentos vagos”  e apunta á “imposibilidade do PP de conseguir a presidencia da Comunidade de Montes Balouta e Fontecoba”.

Precisamente, o funcionario expedientado, con máis de trinta anos no concello, é membro da directiva desta comunidade de montes que tamén criticou a actuación do alcalde. Fontes consultadas denuncian que a intención de Valentín Alfonsín é “castigar” ao funcionario por non pregarse as directrices do Partido Popular. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta