Poñerse en contacto co novo "Embajador en Misión Especial para la Coordinación de las Relaciones con las Comunidades Españolas en Iberoamérica", o ex deputado galego Miguel Cortizo Nieto, é todo unha odisea. En Madrid, e concretamente no Ministerio de Exteriores, non o coñece nen o máis avispado. "Ah!, claro, ese es que no es diplomático...Espera que te doy el nombre de una gallega que seguro que lo conoce", foi a resposta dunha quinta persoa logo de correr por todo o ministerio. A tal galega resultou que tampouco sabía del aínda que se comprometeu a localizalo... E nesas estamos.