Falece un septuaxenario na Pontenova tras envorcar o seu tractor

Foi necesaria a intervención de equipos de excarceracción para liberar ao conductor.

Por E.P. | LUGO | 01/11/2018 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Un home de 76 anos faleceu na mañá deste xoves no lugar de Vilaboa, municipio lucense da Pontenova, tras envorcar o tractor que estaba a manexar. 

Tractor rozando unha leira
Tractor rozando unha leira

Segundo a información do Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 11,00 horas nunha leira privada, onde o home manexaba o tractor.

Unha vez cargado, e nunha manobra, o vehículo envorcou, deixando ao home atrapado debaixo. De feito, foi necesaria a intervención de equipos de excarceración para liberar á vítima.

Até a zona desprazáronse unha dotación do GES da Pontenova, os Bombeiros de Barreiros e persoal sanitario de urxencia, que só puido confirmar a morte do home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta