#DefendeAGalega: 25 venres de loito na Corporación Radio e Televisión de Galicia

O persoal da CRTVG mantén viva a loita e demanda por uns medios públicos libres e plurais, tras 25 semanas da campaña dos 'Venres negros'. Recompilamos 25 imaxes que resumen esta loita.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/11/2018 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

25 venres negros, 25 semanas de prantos. Este é o tempo que levan os traballadores da Corporación Radio e Televisión de Galicia denunciando publicamente as inxerencias e presións políticas e a manipulación informativa. 25 venres de loito que comezaron, precisamente, un día 25, o de maio pasado.

Venres negros na CRTVG por uns medios públicos libres e plurais
Venres negros na CRTVG por uns medios públicos libres e plurais | Fonte: @DefendeAGalega

"Nunca pensamos chegar ao #VenresNegro25CRTVG. Por nós, non fariamos o 26º. Pero nin ven, nin oen, nin senten", expresaron hoxe ous viúvos e viúvas da independencia informativa na TVG e Radio Galega.

Non son só redactores, tamén técnicos, cámaras, relacións públicas, rexedores, produtores... A familia da CRTVG, unida na dor deste loito pola liberdade e a pluralidade informativa, cada venres vestidos de negro. Nesa dor, son acompañados por unha amplísima franxa da sociedade galega, desde partidos políticos e sindicatos, até organizacións profesionais, artistas, escritores, músicos... e xente anónima.

Pero tamén hai quen non quere nin miralos nin escoitalos, aqueles que rexen o país na Xunta, aos que envían unha clara mensaxe: "Para os que fan oídos xordos, seguimos loitando pola dignidade e a liberdade dos medios públicos galegos".

As súas demandas non teñen que ver só coa censura á que din e exhiben ser sometidos desde a bancada azul do Parlamento galego e os despachos de San Caetano; tamén ten que ver coa calidade: "Defendemos a profesionalidade, a veracidade e a independencia e non queremos renunciar á calidade da imaxe e o son". E co desmantelamento dos medios públicos e da información de proximidade: "Con máis motivos, cada venres que pasa tinguímonos de negro contra o peche das desconexions locais na Radio Galega, non queremos que nos sigan desmantelando".

Durante estes 25 venres negros, algunhas das palabras que máis resoaron dentro e fóra da CRTVG foron liberdade, independencia informativa e rigor. Ninguén sabe cantos venres de loito máis quedan por diante, até desterrar e esquecer as inxerencias políticas nos medios públicos e conseguir, por fin, unha "Corporación sempre pública e plural", como demandan os traballadores.

"Seis meses despois, seguimos con máis forza para reivindicar o noso labor como o servizo público que somos para todos os galegos e galegas", reivindican hoxe, vixésimo quinto venres de loito na Corporación Radio e Televisión de Galicia.

Hoxe non é un aniversario de celebración, senón de máis loito e pranto pola liberdade informativa. E de recordo a 25 venres de loita.

25 IMAXES POLA LIBERDADE INFORMATIVA NOS MEDIOS PÚBLICOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Marquiños

Que enseñen a nómina os seis da foto e digan cal é a súa xornada laboral. Para coñecemento dos compañeiros da privada e sekfuw solidaricen con eles, os pobriños. Transparencia ante todo.

2 Pasmao

Por favor, que cierren la Telegaita ya. Un pufo sideral hecho para gloria de los políticos y lleno de enchufados con sueldos muy superiores a cualquier otro medio privado. Hay un montón de televisiones públicas gratuitas.

1 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Mira como teñen todo atado e ben atado que nin me enterei desta noticia... Galicia está perdida dende fai tempo. Cando unha sociedade se desperta con que van facer outro edificio na cidade dos paletos por 45 millóns de euros, despois de despilfarrar 500 millóns, e non se oe o máis mínimo ruído, ¡¡¡¡¡é que esa sociedade non existe e put. punto!!!!!!. Esto é galicia. Por certo para pediatras non hai cartos.... ollo a todos que esta finde xoga o madrí ahí vos quero ver ehh¡¡¡