Protestas pola proxección en Cineuropa dun filme que reflicte "unha violación real"

O colectivo Avante LGTB pediu a suspensión do pase de "O último tango en Paris", na cal o director confesou ter pactado "humillar á actriz para que semellase máis real".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2018 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Un grupo de mozas impulsadas por Avante LGTB concentráronse onte, 28 de novembro, ás portas dos Cines Compostela para denunciar a proxección do filme 'O último tango en París', dentro da programación de Cineuropa. Pedían que se suspendese o pase desta película de Bertolucci, "na cal o director confesa que pactou previamente co co-protagonista violar e humillar á actriz para que o filme semellase máis real".

Protestas ás portas dos Cines Compostela
Protestas ás portas dos Cines Compostela | Fonte: Avante LGTB

Este grupo de mozas chegou a falar cunha das responsables de Cineuropa que, se ben dixo entender o motivo da protesta, afirmou que a película fora escollida por encadrarse no marco de "cinema sen lei nin mordazas". Esta xustificación non convenceu o suficiente. "Pensamos que hai moitas outras películas do mesmo director que se poderían encadrar nese marco. Poderían ter proxectado calquera e non esta", na que se reflicte "unha violación real". 

Así mesmo, consideran unha falta de respecto que non se suspendese o visionado desta cinta malia saber "o que hai detrás". "Máis vergonzoso nos parece que os responsables digan que se de verdade tiveran violado á actriz, esta tería posto unha denuncia", engaden dende o colectivo Avante LGTB.

O feito de que Cineuropa estea adherida á campaña 'En negro contra as violencias' e que proxecte esta película semella unha incoherencia a ollos das rapazas que se uniron á protesta. "Só instrumentalizan o feminismo para quedar ben", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 M. Vila

Aquí fica demostrada a hipocresía da organización (Losa debería demitir de Cineuropa), do Concello de Santiago de Compostela (representado por Martiño Noriega), de TODAS os partidos que calan (onde están as deputadas concienciadas?), da tan aparentemente sensible Xunta de Galicia (con Susana López Abella á cabeza), da vixiante xudicatura cando se trata de sonarse cun trapo de cores, atender demandas de untracatólicos ou censurar letras musicais. O dito, aquí está o machismo imperante dos que tanto adoran e choran ao 'progre' Bertolucci!

1 Antía

Bertolucci é un imb***l e a película unha me**a, mais equivocástevos estrepitosamente. Non é moi difícil encontrar as declaracións de Maria no 2007 que desminten que a escea fose real: ousexa, non houbo nin sequera penetración e, se por algo se sentía violada, era polo uso da mantequilla cando máis tarde descubriu -dada a súa inexperiencia- que podía ter rexeitado o cambio no guión, xunto co afán manipulador que o director exercía sobre ela. A pesar de estar programada públicamente dende fai un mes -é dicir, que puidéstedes ofrecer alternativas ou denuncialo con anterioridade-, decidístedes boicotear non só unha xornada do festival, senón un pequeno negocio que sobrevive a duras penas. É unha mágoa porque entendo as vosas razóns e apóioas na maioría das veces, mais coa vosa desinformación só conseguíchedes que os máis dereitistas da sala se reafirmaran nesa falsa impresión de puritanismo que (quero pensar que por erro) acabades amosando.